Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Sábados culturais ca Crus de Baixar  Correo-e
viernes, 04 de diciembre do 2009

Image

A Asociación Cultural e Musical Crus de Baixar, de Fisterra, organiza as II Xornadas Culturais. O local social, sito na Rúa Federico Ávila, será o epicentro das sesións que se desenvolverá os sábados dos meses de decembro e xaneiro. 

Nonhaifallo

Image 

A primeira cita xa é este sábado 5 de decembro ás 0:00h, cando os humorisats de Nonhaifallo nos arrinquen unhas risas. Chisteiros, conteiros, contacousas de Arzúa coñecidos mundialmente polos seus chistes no programa Luar da TVG. Porque como eles mesmos din: Un sorriso costa menos co recibo da luz. Rite!!!, é de balde.

Presentacións de blogs

O sábado 12 de decembro, ás 23:00h, teremos unha promoción tan novedosa como interesante. Dous compañeiros da blogosfera costeira, Xoán Silva Pazos e Iván Fraga presentarás as súas bitácoras, xa referencias na rede fisterrá pola súa calidade de contidos. “Promontorium nerium” e “A fraga dos mouros” a cargo de

Ambos inquedos fisterráns darán unha charla e nos farán unha introducción ó mundo de Internet como medio de expresión e creación.

Monólogo

A cita do sábado completarase cun monólogo de Marta Lado. A Actriz de teatro e monologuista como agora se lle dá en chamar, o certo é que esta “testeadora” fisterrá, está día a día a acadar un maior recoñecemento dentro do mundo das “varietés”. Unha visión moi particular do mundo que quere compartir con nós.

Cabaret

O sábado 19 de decembro, a partir das 23:30h, poderemos disfrutar do Espectáculo de Monicreques "Pekeno Cabaret de tolos", a cargo de Borja Insua.

Ó calado anda percorrendo medio mundo cos seus monicreques, con obras como “O castelo da Rocha Vella” en colaboración coa Real Filharmonia de Galicia, ou cos “Monicreques de Kukas”, a primeira compañía de monicreques de Galicia., e por suposto ca súa propia compañía: “Títeres Alakrán”. Este artista cos seus monicreques traenos a millor música de Camarón, Ella Fitzgerald ou Avelino Cachafeiro……. nun espectáculo de Cabaret Musical, e con quen a bó seguro pasaremos unha moi agradable e divertida velada.

Cantautor

E o mesmo sábado 19, de seguido, o cantautor Carlos Rubio terá o seu momento. Carlos Rubio é un Cantautor nado no Perú e que por fortuna para nós e motivos laborais para él, vive agora en Galicia, e moi ligado por amizade a Fisterra. É o seu primeiro concerto deste lado do “charco”. Case se trae debaixo do brazo o seu primeiro traballo discográfico, pero cousas das discográficas, quedoulle alá. Temas propios e un percorrido musical por temas dos anos 70 e 80.

Concerto de Nadal

O sábado 26 de decembro, a partir das 0:00h, Tradicional concerto xa de Nadal a cargo do mellor, sen dúbidas, grupo de música de taberna de toda a Costa da Morte, "A Crus de Baixar". Os seus temas de sempre, e algunha panxoliña. Festa asegurada.

Festa de fin de ano

A noitevella será en familia para socios, colaboradores, amigos e todos aqueles que queiran celebrar connosco unha boa entrada de ano.

Taller infantil

O día 3 de xaneiro, a partir das 17:00h, taller infantil de creación de instrumentos musicais con materiais de refugallo, dirixido por Sole Méndez. Un día para os máis pequenos no que crearán os seus propios instrumentos con elementos de refugallo..

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Crus de Baixar.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com