Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Completa axenda da fin de semana  Correo-e
viernes, 04 de diciembre do 2009

Arremecaghona´s Producións en Fisterra

 Image

Cita peculiar e mais que novedosa esta fin de semana en Fisterra. A única Taberna Ultreia fisterrá achega á Costa un personaxe de moita sona no panorama da música ghallegha daghora. O Leo e Arremecaghoná, agora Arremecaghona´s Producións, estará na de Fisterra este venres 4 a partires das 23:00h. Nunha actuación que servirá como pistoletazo de saída para esta longa ponte de decembro.

Humor en Fisterra

A primeira cita xa é este sábado 5 de decembro ás 0:00h, cando os humorisats de Nonhaifallo nos arrinquen unhas risas no local Social da Crus de Baixar. Chisteiros, conteiros, contacousas de Arzúa coñecidos mundialmente polos seus chistes no programa Luar da TVG. Porque como eles mesmos din: Un sorriso costa menos co recibo da luz. Rite!!!, é de balde.

Mostra de Artesanía en FisterraImage

O Concello de Fisterra, dentro do programa de Nadal, ten previsto realizar os vindeiros 5, 6, 7, 8 de decembro a “IV Mostra de Artesanía”. Dito encontro terá lugar no lugar máis simbólico e máis visitado da Costa da Morte, o Faro de Fisterra, nun horario continuo ao longo da ponte.

A inauguración celebrarase este venres 5 de decembro ás 12:00 horas no Faro de Fisterra.

Múltiple cita cultural en Muxía

Image 

Comezamos pola que máis nos gusta, que non é outra que a proxección da documental de Ricardo Llovo sobre os Secadoiros de congro, que xa coñecimos o mes pasado.

A proxección da documental será o sábado ás 18:00h no Salón do Voluntariado de Muxía..

Mostra do Proxecto Buserana

Image 

O mesmo sábado inagúrase a Mostra de fotografías do Proxecto Buserana. Son imaxes cedidas polos veciñas e veciños do concello. E estará no Centro Social despois da proxección da documental dos secadoiros.

Ruta Xacobea

Image 

O Concello organiza unha Ruta Xacobea para dous días. O sábado percorrerase de Trasufre a Muxía. E o luns 7, de Vaosilvero rematando tamén en Muxía. Poden anotarse no concello ou no teléfono 981 74 20 01.

Xornada familiar

E para o domingo 6, o concello organiza unha Xornada familiar no Pavillón a partir das 16:30h.

Festas en Xornes

Nesta fin de semana, máis longa do habitual, non podía faltar algún recuncho da Costa onde botar uns bailes. I é que a parroquia pontecesá de Xornes celebra as súas festas na honra á Purísima Concepción. Comezan o domingo 6 cunha verbena que promete, coas orquestras Olympus e Panorama. O luns 7 tocarán Costa Oeste e Philadelphia. E xa o martes 8 haberá actos relixiosos pola mañá e dos bailes de misa e da verbena nocturna encargarase o Grupo Alkar.

Certo é que as agradables noites de verán xa quedaron atrás pero dende a Comisión de Festas apuntan que haberá unha gran carpa para resgardarse do frío ademáis dun amplo aparcadoiro.

Teatro en Malpica

Este venres 4 de decembro de 2009, ás 20:30h, a IV Mostra de Teatro, o Auditorio do Centro Cívico acolle a actuación da compañía Redrúm coa obra A Pensión.

Teatro en Laxe

Pecha o II Mota de Laxe, este sábado 5, o grupo MALAPÉCORA, grupo de creación recente constituido por Celia González e Lorena Montero, actrices formadas na Escola de Teatro de Narón (A Coruña) durante máis de cinco anos.

A obra que nos presentan este sábado: “A palabra da rá”, escrita e dirixida por José Luis Prieto e na que tamén colabora Leandro Lamas, terá lugar ás 18:00 horas no Salón de Actos do Concello de Laxe, sito no edificio da Biblioteca Municipal. Espectáculo cómico sobre o cambio climático, onde as dúas actrices analizan a modo de documental en clave de humor diversos problemas do planeta terra derivados do quencemento global: morren os osos polares, sube o nivel do mar e “los vigilantes de la playa” quedan sen curro.

Teatro en Ponteceso

Este sábado 5 de decembro, Produccións Teatrais Excéntricos SL representará "Obra (no coment). Ás 22:30 na Casa dos Veciños do Couto. A atracción será o veciño e actor recoñecido Víctor Mosqueira.

Teatro en Dumbría

Para pechar o ciclo Ven ao Teatro, este sábado, 5 decembro, teremos ás 18.00 h na Casa de Cultura de Dumbría a Quemaisten Teatro coa súa obra "Traballo e imaxinación".

Teatro e cea en Camelle

Este vindeiro sábado día 5, as 19:00h. na Casa da Cultura de Camelle e organizado pola Asociación Cultural Festas de Camell, debutará sobre o escenario camellán, a compañía de teatro cen por cen camellana "Florinata" coa obra "Bares", na que a maioría dos seus membros teñen máis de corenta anos de idade (Amelia do Moreno, Paco de Bajeras, Jorge "O fenisio", Carlota, Perla, Demi, Carmen do teléfono, Joselito, Paula, Méndez, Mariseli e Florita ). A dirección corre a carga de Rosario do Ruso, iluminación e son a carga de Bernardino Mártinez.

Ademais tamén o sábado haberá a Gran Cea-baile de Nadal, organizada pola Comisión de Festas de Camelle (981 710 063) e que se fará no Restaurante A Lagoa de Vimianzo. Para os "futboleros" comunicarvos que o interesante partido Depor-Barça veráse nas pantallas.

Música infantil en Cabana

Image 

O musical Mamá Cabra fai para todos os seus cabritiños convocándoos para o vindeiro domingo 6 de decembro ás 6 da tarde no Auditorio Municipal de Cabana de Bergantiños.

O Centro Comercial Finisterrae celebra o 6º aniversario

O vindeiro domingo 6 de decembro, celebrarase o 6º aniversario do Centro Comercial Finisterrae. Haberá un pouco de todo, cunha programación mais repartida ao longo do día. Ademais dos tradicionais pinchos e viños ás 20:00h da tarde, unha charanga amenizará desde a mañá os corredores e a terraza do Centro. As actividades comezarán ás 16:30h.

Actuación da Coral de Cesullas

A Coral de Cesullas, de Cabana de Bergantiños, actuará o día 6 de decembro ás 19:00 da tarde no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, dentro do Festival de Panxoliñas organizado por Caixanova.

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com