Nos últimos meses a presencia de eventos surfeiros na Costa da Morte ten sido grande. Sen ir máis lonxe a pasada fin de semana, a última de novembro, Lariño viviu a festa do Body. Unhas semanas antes a cita tocou en Soesto, pero polo medio a vila de Malpica preparou un bo cocido surfeiro.
A I Caldeirada Surf de Malpica foi todo un éxito e aquí podemos ver da man de Jansolo, esta 3ª proba do Circuito Galego de Surf e Longueirón 2009.
O máis destacado, esa perfecta integración da vila mariñeira de Malpica e o surf. Un pequeno paraiso da nosa Costa, apunta Jansolo.