Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Un Nadal para cativos en Cerqueda  Correo-e
miércoles, 09 de diciembre do 2009

Image

A parroquia de Cerqueda volverá a vivir un Nadal ateigado de iniciativas culturais nas que os máis cativos serán os verdadeiros protagonistas. Todo, coma sempre da man das activas Asociación Cultural Raigañas e A.VV. Monte d’Arxa, ademais da inestimable colaboración da Comisión de Festas, da UDC Cerqueda e da Asociación Cabalar Os Veteranos.

Este programa compaxinarase coa programación que artellou o concello, que contou iso si, coa opinión das asociacións.

Contos de debuxos

A primeira proposta é un concurso de contos de debuxos de Nadal para o que xa está aberto o prazo de entrega de traballos. A data de remate do mesmo será o 27 de decembro. Todos aqueles nenos e nenas que queiran participar deberán deixar o seu conto ou debuxo no Buzón Real que hai instalado no local sociocultural das Pozacas. Os gañadores recibirán os seus galardóns da man dos propios Reis Magos o día 6 de xaneiro.

Belñen Vivente

A segunda proposta programouse para o domingo 27 de decembro na que se realizará un Belén Vivente que este ano inclúe como novidade a existencia dun mercado. O espazo no que se desenvolverá será no adro da igrexa parroquial e dispoñerase dunha carpa tanto para actores como para público. Toda aquela persoa que queira participar no mesmo debe poñerse en contacto con calquera compoñente da directiva de Raigañas.

Visita dos reis

Por último, o mércores 6 de xaneiro a comitiva dos Reis Magos acudirá ó adro da igrexa de San Cristovo para realizar entrega de caramelos, premios e regalos.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com