|
Unha homenaxe ao ferreiro |
Correo-e
|
|
miércoles, 09 de diciembre do 2009 |
|

O pasado sábado, 28 de novembro, a Asociación de Empresarios de Ponteceso celebrou un homenaxe, con motivo da súa xubilación, a Indalecio Blanco, máis coñecido por Lucho, que no mes de setembro se xubilou despois de pasar tantos anos detrás do mostrador de “Ferretería Lucho” en Ponteceso. Con este motivo, como é costume facer ós membros da Asociación unha vez chegados a idade da xubilación, un bo número de compañeiros da Asociación, amigos e familiares reuníronse nunha cea-baile no “Restaurante Aldeola” para acompañalo e darlle un agasallo, recordo do seu paso pola Asociación. Lucho, non puido evitar sentirse emocionado, dado que son moitos anos pasados xuntos, xa que foi un dos fundadores da asociación aló polo ano 1989. Novas relacionadas Fonte
|