Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Mamá Cabra fixo bailar aprendendo á cativallada de Cabana  Correo-e
miércoles, 09 de diciembre do 2009

Image

Pese á xélida tarde do domingo e a que moitos programaron visitas comerciais ás grandes superficies de compras da cidade da Coruña, o grupo de música infantil Mamá Cabra foi quen de encher ata os topes o Auditorio Municipal de Cabana de Bergantiños. Mamá Cabra é ademais un dos valores crecentes da escena didáctica musical do país, e van concello a concello facendo concertos con intención educativa, ao igual que o grupo Os tres tenedores.

Durante a hora que durou o concerto, cativos e cativas non só de Cabana de Bergantiños, senón tamén de Ponteceso, Corme e Laxe disfrutaron, escenificaron e cantaron os atractivos temas de Gloria e compañía. Con isto demóstrase que ás veces, a programación cultural realizada por un concello non só é atractiva para os seus veciños, senón que tamén amosa interese para outros dos municipios lindantes. Nesta ocasión non só os nenos gustaron da música, senón que tamén pais e nais se sumaban á festa como se de verdadeiros infantes se tratase.

Tras a finalización do concerto os músicos fartáronse de vender libros e discos para que despois os cativos continuasen lectura e audición nas casas. Tamén houbo quen suxeriu que para o próximo concerto trouxesen algunha camiseta para vender.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Cabana de Bergantiños.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com