Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Camariñas continúa a súa campaña medioambiental coa reciclaxe de aceites usados  Correo-e
miércoles, 09 de diciembre do 2009

O Concello de Camariñas continúa coa Campaña de minimización de residuos que foi iniciada en setembro e cofinanciada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, No marco da campaña xa se desenvolveron diferentes actividades de sensibilización e concienciación para a población de Camariñas. E segue facendo participar a todas as idades do concello.

Campaña de Reciclaxe de aceites

Image 

O 9 de decembro comeza a campaña de recollida de aceites domésticos en colaboración coa empresa de recollida Protección Medioambiental SL (PMA) e cinco supermercados do Concello.

Así, dende hoxe nos supermercados de Aliprox e Froiz de Camariñas, Leis de Ponte do Porto e os Super da Fonte e Tenda de Ultramarinos de Pastora de Camelle atoparanse uns contenedores para recollida dos aceites domésticos mellorando con este servizo a recollida e reciclaxe deste líquido.

Aquelas empresas (supermercados, tendas, bares, restaurantes etc.) que desexen participar nesta campaña e contar co servizo de recollida de aceite doméstico, poden contactar coa Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas na Casa de Pedra situada na Praza de Insuela S/N, no telefono 981 73 70 04 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

XincanaImage

Os días 23 e 24 de decembre tamén desenvolverase en Camariñas un concurso-xincana para rapaces e rapazas entre 7 e 14 anos onde desenvolveranse probas relacionadas coa minimización de residuos e o consumo responsable.

Os premios serán un MP4 de ultima xeración para @s gañad@s en primeiro e segundo posto así como obterán un USB de agasallo as 13 persoas finalistas.

Inscricións

Aqueles nenos/as que desexen participar terán que inscribirse previamente na Casa de Pedra do Concello de Camariñas. Tamén atoparán as follas de inscrición e máis información na web municipal www.camarinas.net e no blog http://residuosma.blogspot.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com