|
A Asociación Costa da Morte de Fisterra cea na mellor compañía |
Correo-e
|
|
miércoles, 09 de diciembre do 2009 |
|

Multitude de fisterráns acoden á obrigada cita da Cea Anual da Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte". I é que xa nos achegamos ata o seu magosto en homenaxe aos bosques perdidos, pero a verdade, que a cea anual lévase a palma en canto a participaciñon. Nada menos que 84 comensais disfrutaron da cea celebrada no restaurante "Ancora". Houbo de todo, ademais do exquisito menú: charlas, baile... todo na mellor compañía dos veciños de sempre, que se reunen neste tradicional e gastronómico encontro. Ao remate da cea a festa continuou cun baile amenizado polo "Dúo Galaico" que se prolongou até a madrugada. Desta maneira esta veterana entidade veciñal únese neste acto festivo de confraternidade e como símbolo da unidade da mesma na loita por un futuro mellor para Fisterra e unha maior calidade de vida para todos os veciños, así como na organización de actividades culturais e recreativas para os seus asociados. 


Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da man de José Fernando Carrilo Ugarte, Secretario del C.C.R de Fisterra "Casino" de Fisterra.
|