Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Poñentes de entidade nas I Xornadas "Futuro e Sustentabilidade do noso mar"  Correo-e
jueves, 10 de diciembre do 2009

Image

Este sábado 12 de decembro, ás 16:30h, a Casa da Cultura do Concello de Corcubión acollerá as I Xornadas "Futuro e Sustentabilidade do noso mar". Unhas xornadas informativas artelladas polo Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión, e que teñen como obxectivo ofrecer unha visión alternativa para a Ría de Corcubión, ao "proxecto de rexeneración da praia de Corcubión".

Un dos principais cabalos de batalla do Colectivo e sobre o que incidirán nestas charlas será o saneamento integral da ría de Corcubión.

Do global ao particular

  • A idea das poñencias será a de partir do global para rematar no local, seguindo o lema "pensa globalmente, actúa localmente". Deste xeito, os poñentes partiran de realidades máis xerais, unhas enfocadas a todo o litoral galego, e outras que partirán da terra en xeral, para rematar na problemática da ría corcubionesa.

Poñentes de nivel

Para iso contará coa presencia de grupos especialistas de gran repercusión na problemática do litoral, tanto a nivel galego como peninsular. Deste xeito achegaranse á vila de San Marcos persoas de grande entidade na materia, que farán deste encontro un punto de referencia na loita contra a contaminación das rías.

  • Fins Eirexas: o representante da Asociación para Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) fará unha internevión relacionada coa contaminación nas rías galegas. Fará un repaso a situación en todo o país para rematar coa dramática situación que vive a ría corcubionesa.
  • Antón Fortuna: o representante da Asociación Ecoloxista Verdegaia fará unha valoracións das actuacións no litoral do país (portos, rexeneracións, ...) para rematar centrándose en todas as actuacións na ría de Corcubión.
  • Elvira Jiménez Navarro: responsable de Costas en Greenpeace España falará sobre o cambio cambio climático a nivel mundial, e como repercutirá na nosa ría.
  • Alberto De Coo e Luis Rodríguez: o biólogo Alberto Decó falará sobre os bancos marisqueiros da praia de Corcubión. Pola súa parte Luis Rodríguez, representante da Asoar-Armega farás un achegamento ás posibles liñas de futuro da pesca de baixura, que pasan por unha seria profesionalización do sector.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Nota de prensa do Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com