|
A ASOAR-ARMEGA (Asociación de Artes Menores de Galicia) presentará para este venres 11 de decembro, na lonxa da Confraría de Corme as 13.00 horas a "Guía de boas práctocas na explotacion do percebe". A entidade quere amosar así a súa representativade no sector pesqueiro, para mostrar o camiño de mellora no mundo do mar no campo da prevención de riscos laborais. O acto de presentación asistirá o Subdelegado do Goberno en Galicia (Sr. Pose Mesura), o Alcalde de Ponteceso (Sr. Fondo Aguiar) e representantes da Consellería do Mar e de Traballo, ademáis de estar convidados a asistir todas aquelas persoas interesadas na mellora da prevención de riscos no sector pesqueiro, un dos máis castigados en accidentes laborais, cobrando algunhas veces un prezo moi alto, vidas humanas. Na presentación farase entrega a todo asistente dun exemplar gratuito da guía co fin de ter informado a calquera traballador ou traballadora das medidas básicas preventivas e da necesidade da súa implantación correcta para lograr un traballo seguro e de calidade. Pechando un longo traballo Este traballo comeza no ano 2007 coa confección e publicación das “Guias de Prevención de Riscos Laborais na Pesca de Baixura”, e aportando outro gran de area no 2008 cos “folletos de equipos de seguridade”, aportando tamén a súa colaboración no “Glosario de termos de prenvención de riscos laborais”. Ademáis recalcar que diariamente esta Entidade traballa a prol dunha mellora da calidade de vida dos mariñeiros galegos, con diferentes actividades como son o fomento dos cursos básicos de prevención de riscos laborais, realización de exercicios de adestramento en salvamento marítimo, asesoramento na compra de equipos de protección individual e dispositivos de seguridade e salvamento… Estas guías foron confeccionadas polas técnicas de prevención desta asociación coa finalidade de concienciar o sector e onde plasman os riscos e medidas preventivas básicas para a extracción segura deste prezado crustáceo, o percebe, sendo estas unhas datas nas que moitos mariscadores e mariscadoras expoñen a súa vida diarimente, por elo, dende esta Entidade querese que teñan a ben coñecer os riscos e poder mellorar as súas condicións de traballo e evitar enfermidades profesionais. Participación da veciñanza Para o logro desta actividade de fomento da prevención de riscos laborais no sector, contouse coa financiación da Consellería de Traballo e coa colaboración e participación desinteresada de mariscadores e mariscadoras de varios puntos do litoral galego como son Corme e Aguiño, os cales dan mostrar de saber cómo traballar e de cómo se debe mellorar o seu traballo. Redución da siniestralidade no mar É de especial atención para esta entidade a reducción da siniestralidade laboral no mar, aínda que moitas persoas non relacionadas con este traballo vexan dende unha visión externa, que non se está a facer nada por parte do sector, algo que dende Asoar queren desmentir dende a creación desta entidade e que cada vez promove e participa en proxectos innovadores encamiñados a este fin e outros moitos como son a conservación do medio mariño, a modernización do sector… Novas relacionadas Estudios da ASOAR Xornadas de salvamento "Limpando as nosas rías" Máis novas Fonte - Nota de prensa da ASOAR-ARMEGA.
|