|

Case todas as actividades do Nadal programado polo Concello de Cabana de Bergantiños irá ás distintas parroquias con propostas variadas tanto para o público adulto como o infantil. Fundamentalmente, serán tres as propostas que petarán nas portas dos veciños: “Decembro, mes da cestería”, “O Nadal vai por parroquias”, os “Beléns Viventes” e a “Cabalgata de Reis”. Cestería No programa “Decembro, mes da cestería” estanse xa a desenvolver actividades de cestería con material de refugallo para escolares e a mocidade, obradoiros de cestería con técnica berebere, materiais vivos e Land Art na Senda do Anllóns e Rego dos Muíños, cestería tradicional polas parroquias e demostracións con madeira raxada, cestería de colmo e sancosmeiros. Por parroquias Da man de Elena Rey, o “Nadal vai por parroquias”, ofertará todo tipo de actividades lúdicas e saudables nos locais sociais para os veciños de Anos, Borneiro, Corcoesto, Nantón e Cundíns nos horarios establecidos no pasado mes de decembro. Beléns viventes Os Beléns Viventes terán como protagonistas ó alumnado da Escola Municipal de Teatro. As distintas representacións serán dirixidas pola profesora de teatro Silvia Losada. Representaranse durante tres días. Durante a mañá do venres 25 será a quenda de Corcoesto, Neaño e Cesullas. Para a tarde do sábado, quedou a de Nantón. Concluirán o domingo 27, de mañá, en Borneiro e Canduas, e de tarde en Riobó. Nesta ocasión o espazo para a actividade serán as respectivas igrexas parroquiais. Cabalgata A última cita para as parroquias será a Cabalgata de Reis que, fiel ó seu espírito itinerante, levará a felicidade a todos os fogares cabaneses. De todos modos, a primeira cita dos reis terá lugar na noite do martes 5 de xaneiro no Pavillón Polideportivo Municipal cunha xornada de xogos e inchables. Para o día 6 está programado un percorrido real en tren. Citas musicais O Auditorio Municipal terá dúas citas musicais para este tempo de Nadal. O domingo 20 de decembro, dentro do programa Outono do Patrimonio, terá lugar o ciclo As Nosas Músicas coa actividade Cabana de Bergantiños cántalle ó Nadal. A partir das seis da tarde realizarase un encontro coral coas agrupacións locais de Cesullas, Canduas e Corcoesto. Como coral invitada participará A Oliveira de Monte Branco. A segunda cita terá lugar durante a mañá do 22 de decembro. Nesta ocasión, os máis novos do concello terán a posibilidade de disfrutar dun concerto de música clásica animada con imaxes coa mestría que sempre demostra o grupo Ancestral. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Cabana de Bergantiños.
|