|
O BNG de Vimianzo quere recuperar o río co Fondo Estatal |
Correo-e
|
|
jueves, 10 de diciembre do 2009 |
|

Novas axudas do Goberno Central e novas dixuntivas nos concellos por ver como se invirten. Falamos do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local 2010, que no Concello de Vimianzo terá que pasar por un estudio. Así o BNG aporta ideas que se valorarán na sesión do vindeiro Pleno da Corporación Municipal. A xeración de emprego é o obxectivo fundamental das axudas, que suman no concello vimiancés un total de 897.291€, a desenvolver durante 3 meses. Actuacións no río Para o BNG é prioritario actuar sobre o río de Vimianzo ao seu paso pola vila, procedendo a unha limpeza e recuperación do leito, e a realización dunha senda peonil que serva de paseo fluvial, é unha vella demanda nacionalista que a día de hoxe é asumida e reivindicada polo conxunto da sociedade de Vimianzo. Ademais, sinalan é unha necesidade, non só como actuación ecolóxica, senón como infraestructura para o goce da cidadanía, e a posta en valor do contorno da vila. Centro multiusos en Baíñas Do mesmo xeito, apuntan a posibilidade da construcción dun centro multiusos en Baíñas, con destino socio-cultural. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do BNG de Vimianzo.
|