|

Continúa o Psoe de Ponteceso acusando ao alcalde, José Luis Fondo Aguiar, de malgastar os fondos do goberno municipal. Unha acusación que dende o concello ven como "mentira", como afirma o propio alcalde no blog do PP pontecesán. Esta resposta do alcalde provoca que o grupo opositor queira presentar as súas razóns polas que dubida da actuación do rexedor. Así o fai público na súa web www.ponteceso.psdeg-psoe.org, na que desglosa as facturas tal como aparecen recollidas no Concello. En teléfono O PSOE acusa ao alcalde de gastar 575 euros na factura de teléfono, "sen especificar a qué móbiles se refire". Nese sentido o PSOE quere saber número a número as chamadas do rexedor. Grabación de plenos O PSOE propuxo no seu día grabar os plenos para publicalos no Youtube. Pero segundo denuncian o goberno non aceptou a proposta. Desprazamentos O PSOE denuncia o que entende por un "trato das arcas municipais máis como unha empresa familiar que como un ente público". Así non entende o gasto en desprazamentos de todo o concello dos que máis a metade (1.300 euros en tres meses) corresponden ó Alcalde e o resto ó Tenente Alcalde (1.100€). Caras homenaxes Tamén denuncia o gasto, "en tempos de crise", de 980 euros nun placa, 2.408€ nun monolito e 4.500€ en billetes de avión para a homenaxe aos emigrantes no Uruguai, "con claros fines electorias", segundo denuncia o PSOE. Nese sentido o PSOE cre que sería mellor axudar as asociacións que veñen realizando un traballo social encomiable. Tampouco entende como un gasto necesario desembolsar 9.800 euros para comprar dous panteóns no cemiterio de Anllóns. Novas relacionadas Máis novas Fonte
|