|
Os Penedos de Traba e Pasarela nun DVD |
Correo-e
|
|
jueves, 10 de diciembre do 2009 |
|

Xa olláramos o calendario dos Penedos, cos que obsequiou o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. para este 2009. Pero este ano o Seminario dá un paso máis. "Os Penedos de Traba e Pasarela: a arte dos dedos do tempo", ese é o título do dvd presentado polo Seminario. Trátase dunha realización de Saga TV para a promoción do patrimonio cultural e etnográfico da Costa da Morte. As formas caprichosas das rochas crean unha paraxe verdadeiramente singular, apta para que calquera cabeza imaxinativa poida viaxar no tempo e no espacio. Non é só un cúmulo de pedras, e centro de arte natural, que marabillou a Otero Pedraio, como a Pondal, como dixo no seu día Manuel Rivas.  Para a súa realización, contaron cos mellores especialistas da bisbarra, como Xosé Mª Lema Suárez ou Xosé Mª Rei Lema (ambos colaboradores desta casa na Elección Histórica da Costa da Morte), ademais de Roberto Mouzo, Noelia Rúa, Matías Brea, Marcos Gallego, Manu G. Torre ou Marta Rei Lema. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|