Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Fisterra guiada polas súas bitácoras  Correo-e
jueves, 10 de diciembre do 2009

Image

Dous dos espazos da rede submariña fisterrá con máis relevancia na bisbarra toman protagonismo esta fin de semana. Toman protagonismo da man das II Xornadas Culturais da Asociación Cultural e Musical A Crus de Baixar. Así, os blogueiros Xoán Silva Pazos e Iván Fraga serán o centro de atención na sesión deste sábado 12 de decembro de 2009 ás 23:00h. A cita, que será no local da asociación, en Fisterra (Rúa Federico Ávila, antigo pub Cómic) servirá como presentación para os seus blogs.

“Promontorium nerium” e “A fraga dos mouros” son os seus espacios, xa todo un punto de referencia en toda a Costa. Se ben non teñen moitos contidos en común, si teñen como nexo o dos seus creadores e coidadores, ambos amigos e estudiantes en Compostela.

Dende o “Promontorium nerium”, Xoán Silva Pazos fai profundos exercicios de recuperación da historia fisterrá, cun rigor histórico exemplar, difícil de atopar nunha persoas da súa idade. Xoán xa colaborou con esta casa na Elección Histórica da Costa da Morte, e agardamos contar con el co novo deseño deste diario.

Pola súa parte, Iván Fraga leva a súa “A fraga dos mouros” por todo o país, percorrendo os recunchos máis lindos de todo o país.

Monólogo de Marta Lado

A cita do sábado completarase cun monólogo de Marta Lado. A Actriz de teatro e monologuista como agora se lle dá en chamar, o certo é que esta “testeadora” fisterrá, está día a día a acadar un maior recoñecemento dentro do mundo das “varietés”. Unha visión moi particular do mundo que quere compartir con nós.

Aquí vos deixamos cunha mostra da súa simpatía:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com