|

Entre os días 9 e 30 do mes de decembro, poderá visitarse no Centro Cívico a exposición "Áreas Mariñas Protexidas", elaborada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta mostra pretende divulgar nas poboacións litorais de Galicia a importancia das reservas mariñas para a conservación dos recursos e a biodiversidade do mar. Talía Teatro O vindeiro venres día 11 ás 20.30 h. no Auditorio do Centro Cívico de Malpica, no marco da VI Mostra de Teatro, a compañía Talia Teatro representará a obra "Valentino Ruffini e Akil Pillaban". Trátase dun espectáculo para ver en familia, para rir sen medo e, ó tempo, para pensar sen prexuízos.Imprescindible. Talía representa tamén o sábado 12 no XVI Ciclo de Teatro de Ponteceso a súa obra Palabras Encadeadas. Sinopse"Valentino Ruffini e Akil Pillaban" é unha farsa ambientada na Italia do século XVIII, na que se conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ó tempo, moi semellantes. Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia. Pola súa parte, Âkil Pillabán, magrebí que traballaba no mundo da construción, é abandoado pola súa ama coa que tamén viaxaba a Milán, e igualmente decide pasar a noite na mesma casa onde se refuxia Valentino. Coñeceranse alí, e xuntos pasarán a noite A desconfianza entre eles e o medo que os une provocarán divertidas historias coas que se artella un espectáculo que trata de reflexionar sobre a diferenza cultural, a desconfianza ó descoñecido e, por riba de todo, a necesidade de comprender que todos somos iguais, malia a cor da pel, das relixións e das posicións sociais. Máis información
Novas relacionadas Fonte
|