Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Axenda da fin de semana  Correo-e
viernes, 11 de diciembre do 2009

Presentación de blogues

Image 

As II Xornadas Culturais da Asociación Cultural e Musical A Crus de Baixar celebran este sábado 12 de cembro unha sesión moi peculiar. Os protagonistas serán os fisterráns Iván Fraga e Xoan Silva Pazos, que presentarán a partir das 23:00h as súas bitácoras, grandes referencias do concello e da bisbarra. Ao remate, monólogo a cargo de Marta Lado.

Títeres en Fisterra

Os títeres de Barballocas estarán o sábado 12 de decembro ás 19:00h na Casa da Cultura de Sardiñeiro.

Xornadas de sostenibilidade en Corcubión

Este sábado 12 de decembro, ás 16:30h, a Casa da Cultura do Concello de Corcubión acollerá as I Xornadas "Futuro e Sustentabilidade do noso mar". Unhas xornadas informativas artelladas polo Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión, e que teñen como obxectivo ofrecer unha visión alternativa para a Ría de Corcubión, ao "proxecto de rexeneración da praia de Corcubión".

Festival de Nadal en Corcubión

Image 

O vindeiro sábado 12 de decembro terá lugar na Casa da Cultura de Corcubión ás 19.30h horas o "Festival de Nadal da Universidade Popular de Corcubión" no que o Grupo de Pandereteiras "Millo Verde" e Grupo de Baile "Nerio" deleitaranos con pezas musicais e de baile. Pero non todo queda aí, ao igual que o ano pasado entregarase a segunda parte do "Cancioneiro Popular de Corcubión", sortearase unha cesta entre os/as socios/as asistintes de forma gratuita, desta forma queremos agradecerlles a súa confianza e apoio durante este ano; ademáis sortearase outra cesta entre os asistintes.

Aproveitarán este día para que os rapaces sexan os verdadeiros protagonistas, as alumnas e alumnos de baile cantarán panxoliñas, interpretarán cancións dos seus idolos musicais en forma de playbacks e tamén se entregarán os premios do "Concurso de Postais de Nadal" (no que a entrega de postais rematará o venres 11 de decembro). Ademáis estará á disposición dos asistintes os posters e pegatinas feitas pola asociación co fin da promoción do noso idioma englobada na campaña "Goza en Galego, Goza do Galego".

Mostra sobre recursos naturais en Malpica

Entre os días 9 e 30 do mes de decembro, poderá visitarse no Centro Cívico a exposición "Áreas Mariñas Protexidas", elaborada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta mostra pretende divulgar nas poboacións litorais de Galicia a importancia das reservas mariñas para a conservación dos recursos e a biodiversidade do mar.

Teatro en Malpica

Image

Este venres día 11 ás 20.30 h. no Auditorio do Centro Cívico de Malpica, no marco da VI Mostra de Teatro, a compañía Talia Teatro representará a obra "Valentino Ruffini e Akil Pillaban".

Teatro en Ponteceso

Image 

Talía Teatro trae as súas Palabras encadeadas a Ponteceso. A obra será na Casa dos Veciños do Couto o sábado 22:30h.

Teatro en Vimianzo

O domingo 13, ás 20:00h no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, Vichelocrego faranos "A visita da vella dama".

Concerto en Vimianzo

O venres noite, o local Mehari de Vimianzo servirá para acoller a presentación do grupo Trato Feito, unha mestura de jazz, blues e flamenco.

Xornadas de Voluntariado en Muxía

Image 

O sábado 12 de decembro de 2009 hai a II Xornadas do Voluntariado do Concello de Muxía. A fin de semana será voluntaria ademais, xa que en Corcubión a ASOAR-ARMEGA tamén organiza as xornadas Limpando as nosas rías. Haberá mesa redonda a partir das 11:00h.

Monicreques de Kukas en Muxía

Image 

Os míticos Monicreques de Kukas achéganse esta fin de semana a Muxía. Farano o domingo 13 de decembro, e nos traerán ”Os sete contos capitais“, unha obra para adultos e menores acompañados.

Festas de Santa Eulalia de Brens

Image 

O sábado 12 de decembro comezan as festas coa misa solemne na honra de san Roque ás 12:30h. A continuación sesión vermú amenizada pola orquestra Xente Nova. E pola noite verbena coa Xente Nova e o grupo Bluestar.

Xa para o domingo, o día propio da festa, ás 12:30h mina na honra de Santa Eulalia. Haberá pasarrúas ca Charanga Vendaval, e ás 18:00h, fútbol no Pavilón de Brens: Trofeo Sata Eulalia: Mulleres casadas vs Mulleres solteiras.

Nadal en Cospindo

Este venres 11, representantes da xuventude da Asociación Cultural Monte Branco estará en Chaves (Portugal) no programa “Xornadas de Voluntariado”.

Concerto Didáctico en Zas

O venres 11 de decembro, os pequenos do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose de Baio disfrutarán do Campo de Estrelas.

Concerto didáctico en Ponteceso

Hoxe venres 11 de nadal, no colexio “Eduardo Pondal de Ponteceso” os alumnos/as máis maiores participarán nun concerto didáctico.

Nadal en Cospindo

O domingo a partir das 12:45h, desenvolverase o Iº Aniversario da Fundación Eduardo Pondal. Haberá Vídeos, actuacións musicais e pinchos. Colaboran: Concello de Ponteceso, Restaurante “Artabria”, Panadería “Cousillas”, Couto Caza “Pondal” e Asociación Cultural Monte Branco.

Baile de Nadal en Cee

A Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Cee organiza un baile de nadal na escola de música o sábado 12 de decembro a partires das 18.00H. Poderán asistir todalas persoas maiores e socios do Centro Social.

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com