|
Madrid vístese de encaixe |
Correo-e
|
|
lunes, 14 de diciembre do 2009 |
|

Continúa a internalización do encaixe de Camariñas. Se hai un mes a cita era en Cataluña, esta pasada fin de semana tocou en Madrid. Así, unha delegación palilleira estivo presente na feira Matiz que se celebrou en Madrid desde o xoves, día 10 ao domingo, día 13. O stand co que participou o grupo do encixe consiste nunha exposición-venda do enxoval doméstico e agasallos (pertencentes a tres tendas), promoción da Mostra do Encaixe mediante folletos e medios audiovisuais, así como, exposición de deseños de grandes deseñadores (dous por día) e promoción turística de Camariñas. A delegación estivo composta por Elba Ferrín, representante do Concello, e tres comerciantes de encaixe: Mónica Pose (Encaixes Mónica), María Pasantes (Encaixes Gelina) e Rosa Liñeiro (Asociación Palillada). Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da man de Dolores Lema.
|