|
O BNG de Carnota é expulsado de novo dun pleno |
Correo-e
|
|
lunes, 14 de diciembre do 2009 |
|

A semana pasada coñecíase que o Concello de Carnota tivo que asumir un novo crédito para sufragar gastos. Esta medida non foi ben aceptada pola oposición do BNG, que levou a súa protesta ao pleno carnotán. E como xa pasara en maio (vemo sunha escena daquel día), os membros do BNG foron expulsados da sesión plenaria celebrada o pasado venres 11 de decembro de 2009. O voceiro do BNG carnotán, Tomás Freire, debatiu a operación de tesourería pola que o Concello subscribirá un novo crédito. O secretario da corporación deu lectura ás propostas de dúas entidades bancarias para subscribir un préstamo. Entón, o portavoz do BNG, Tomás Freire, tomou a palabra: «Quero que todo o público presente na sala saiba que este préstamo é para facer fronte a gastos correntes, non para realizar obras, ou mellorar servizos. Entre o destino do crédito está o pagarlle seis mil euros ao alcalde e tamén o salario do concelleiro Manuel Brea». Freire salientou que "o motivo primeiro do crédito é poder manter os estratosféricos salarios de políticos e familiares". O rexedor pediu ao nacionalista que retirase as súas acusacións, «falsas e inxuriosas» segundo asegurou, ao que se negou o edil do BNG, tras reafirmarse no dato "duns salarios desorbitados que son públicos e oficiais. A sesión rematou sen os representantes do BNG na sala. Novas relacionadas Fonte
|