Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Tráxico accidente en Cabana nunha xornada de caza  Correo-e
lunes, 14 de diciembre do 2009

Un desgrazado suceso foi obxecto de comentarios nas últimas horas en moitos recunchos da Costa. Un home falecía na mañá de onte, domingo 13 de decembro, ó recibir un disparo mentres estaba de caza nos montes da parroquia de Riobó, en Cabana de Bergantiños.

Todo aconteceu minutos antes do mediodía. Javier Suárez Blanco, de 32 anos, estaba á caza do xabarín xunto con outros cazadores cando recibiu un disparo no peito, que lle provocou a morte inmediatamente.

Un dos seus compañeiros foi quen deu aviso ao 112 e ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil de Cabana e a Garda Civil ademáis dos servizos sanitarios, polos que acudiron unha ambulancia e un helicóptero, pero estes non puideron facer nada máis que certifica-la morte do cazador. Os restos mortais de Javier Suárez Blanco foron trasladados ó Hospital Universitario de A Coruña a primeiras horas da tarde para a práctica da autopsia.

A policía xudicial está a investigar arestora as causas da traxedia. Haberá que determinar cal foi a arma da que saíu o disparo que acabou coa vida do falecido. O cazador autor material do disparo foi interrogado pola policía pero xa quedou en liderdade.

Cabe salientar que segundo información facilitadas inicialmente por Protección Civil, os cazadores ían á caza do coello, pero segundo puidemos saber dende este diario as municións para a caza de dito animal non adoitan provocar a morte ante un suceso deste tipo. É aquí cando cobra forza a hipótese de que a cuadrilla atopábase a caza do xabarín, algo que a día de hoxe non está permitido. Aquí queda un debuxo paradóxico de Sechu Sende.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Fran Lago.
  • Diario de Bergantiños.
  • Debuxo de Sechu Sende.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com