|

Chéganos o programa de Nadal para a parroquia pontecesá de Cospindo. Venres 11 a domingo 13 de decembro Representantes da xuventude da Asociación Cultural Monte Branco estará en Chaves (Portugal) no programa “Xornadas de Voluntariado”. Domingo 13 de decembro A partir das 12:45h, desenvolverase o Iº Aniversario da Fundación Eduardo Pondal. Haberá Vídeos, actuacións musicais e pinchos. Colaboran: Concello de Ponteceso, Restaurante “Artabria”, Panadería “Cousillas”, Couto Caza “Pondal” e Asociación Cultural Monte Branco. Sábado 19 de decembro Dende as 19.00h, Actuación da coral Oliveira do Monte Branco no Certame de Corais do Concello de Ponteceso. Domingo 20 de decembro Repetirá, desta volta ás 18.00h a coral Oliveira do Monte Branco no Certame de Corais do Concello de Cabana de Bergantiños. Mércores 23 de decembro Ás 17:00h, na Fundación Eduardo Pondal: Conversa “Mulleres e saúde” coa doutora Angélica Molina. Patrocina: Xunta de Galicia. Programa Tempo de Mulleres. Xoves 24 de decembro Pola tarde: Cantos de Nadal polas portas da parroquia cos grupos de música tradicional da A.C. Monte Branco. Venres 25 de decembro A partir das 12:00h, e na igrexa parroquial de San Tirso de Cospindo, os máis pequenos realizan unha recreación do Belén e o grupo de frautas interpreta vilancicos clásicos. Luns 4 de xaneiro Saída á Carballo con Patinaxe na pista de xeo, e actuación dos grupos de música tradicional Inllar na residencia de maiores “Abrente” (Saída en autobús ás 15:00 horas). Ademais, ás 20:00 horas na Fundación Eduardo Pondal: Dani Cerqueiro da empresa Galinus, nai deste diario, falaranos dos neodixitais: facebook, tuenti e outras redes sociais. A charla será un repaso aos conceptos aportados tamén na Master Class que impartíu xunto a Manuel Pan na Turexpo de Silleda. Mércores 6 de xaneiro Pola mañá: Os REIS MAGOS realizarán o seu tradicional percorrido polas casas do lugar. E pola tarde, CABALGATA (Cerezo, Lestemoño, Carballido) e BELÉN VIVENTE na CASA DOS VECIÑOS dirixido por Silvana Martínez. Colaboran con donativos de caramelos o Concello de Ponteceso e mais diferentes casas comerciais. Exposición Durante o Nadal a igrexa parroquial, en horario de culto, conterá o tradicional Nacemento elaborado por veciños e veciñas da parroquia. Novas relacionadas
|