Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Telecentro de Vimianzo convírtese no centro do Nadal  Correo-e
lunes, 14 de diciembre do 2009

Varias son as actividades que se desenvolven no Telencentro de Vimianzo este mes de Nadal.

I Obradoiro de adornos de Nadal

Image 

O pasado venres, desenvolveuse un obraoidor no que participaron un total aproximado de 10 persoas das cales, a maior parte eran alumnos/as do Curso de informática básica. A finalidade deste taller era achegar aos usuarios ás Novas Tecnoloxías da Información, fomentar as redes sociais e, como non, crear un centro de Nadal.

Image 

A coordinadora do programa, Lorena Cernadas, destaca que as alumnas/os amosaron moito interese pola actividade, pois en todo momento mantiveron unha actitude moi participativa, dato que puiden recoller das constantes preguntas que lle facían a ciberprofesora, que se atopaba en carne e oso no Telecentro de Abegondo. O resultado final foi que despois de pintar de dourado e prateado as castañas, as noces, as  espigas, as pinas e demais material utilizado, todos/as, incluída eu mesma, quedamos moi satisfeitas co adorno elaborado.

Non que queda a mínima dúbida de que durante este Nadal,  as casas dos/as alumnos/as participantes están perfectamente decoradas coa súa creación, na que xogou un papel moi importante a creatividade  e a habilidade!!

Image

Papa Noel tamén chega a Vimianzo

Os nenos de Vimianzo poderán falar con Papá Noel a través de videoconferencia dende o telecentro de comunicación do concello. O Centro Multimedia de Galicia aproveita estas datas para brindar aos nenos da localidade a oportunidade de manter unha videoconferencia con Papá Noel na que poderán pedirlle os seus regalos. A cita será o próximo xoves ás 12.00 horas.  

Dende Laponia e en tempo real, Papá Noel atenderá en directo as preguntas e demandas de todos os nenos que se acheguen para falar con el ao telecentro de comunicación do concello. Trátase dunha iniciativa máis da campaña Comunícate coa que o Centro Multimedia de Galicia pretende dar a coñecer todas as posibilidades que ofrecen os telecentros de comunicación. 

Asociacións e colectivos de todo tipo poden utilizar este telecentro de comunicación para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo, etc… 

Novas relacionadas

Fonte

  • Servizo de Desenvolvemento Local de Vimianzo, da man de Lorena Cernadas Soto.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com