Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Unha anciana desaparecida dende o sábado en Laxe  Correo-e
lunes, 14 de diciembre do 2009

Image

Moito traballo están a ter nas últimas horas os membros das agrupacións de Protección Civil da Costa. I é que si o domingo lamentábamos unha traxedia no eido da caza, desta volta hai que falar dunha desaparición.

Unha muller de 92 anos, veciña da parroquia de Nande, en Laxe, está desaparecida dende o pasado sábado, 12 de decembro, segundo información facilitadas por Protección Civil de Laxe. Foi a filla da desaparecida quen deu aviso do acontecido na mañá do sábado, cando ó achegarse ata a súa casa para darlle o almorzo, descubriu que non estaba.

O operativo de búsqueda comezaba no mediodía do sábado e non se interrumpiu ata que caeu a noite do domingo. Neste participaron membros de Protección Civil, axentes da Garda Civil, e algúns veciños. Percorreron as parroquias máis próximas á vivenda da desaparecida, como Soesto, Traba ou Pasarela e rastrexaron os montes da zona pero non atoparon nada polo que se optou por ampliar o dispositivo máis alá do concello laxense. Arestora continúan na procura da muller a Garda Civil e algúns membros de Protección Civil.

Segundo informacións facilitadas por algúns veciños da desaparecida, a relación entre ésta e a súa familia non é moi boa.  

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com