sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Novo cruce de declaracións en Ponteceso entre goberno e oposición  Correo-e
lunes, 14 de diciembre do 2009

Non paran os grupos políticos de Ponteceso de crear malestar polémicas nos medios. O pasado venres 11 de decembro, o PSOE pontecesán reuníase coa Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme. O número 2 e concelleiro do Psdeg-Psoe de Ponteceso Joaquín Pose, natural de Corme, foi o encargado de levar a cabo a reunión, que tiña como obxectivo recabar as principais demandas desta asociación. Ademais o PSOE queixo denunciar que o goberno da Xunta "investirá 0 euros en Corme".

Dende a Asociación cormelá levan tempo loitando por unha atención sanitaria decente, xa que o sistema sanitario está saturado, como denuncian na súa activa páxina web www.corme.net. Tamén apuntou José Manuel Ferreiro a urxente a posta en marcha do Museo de Arte Contemporáneo, e a medio prazo o porto deportivo e a rehabilitación da Casa de Mourelle.

O PSOE informou das xestións que están levando a cabo para conseguir un Pueblo Inglés en Candelago, coa visita dun responsable da empresa www.puebloingles.com, que se amosou impresionado polas paisaxes e as casas de pedra e hórreos desta aldea próxima ó núcleo urbano de Corme.

A Casa da Cultura

Image 

FOi o centro da polémica, a recentemente publicado proxecto do centro sociocultural en Corme, que podería ser levado a cabo polo GAC. Para o PSOE "despois de 16 anos de Fondo Aguiar como Alcalde de Ponteceso, Corme non pode agardar un minuto máis pola súa Casa da Cultura". Nese sentido chama "hipócrita" ao alcalde por presentar uns planos da obra sen indicar nin prazos nin orzamentos. Un xeito de "vender lume" a xuizo da oposición.

Resposta do alcalde

Image 

Non tardou o alcalde pontecesán, José Luis Fondo Aguiar, en responder a través da web www.ppdeponteceso.es. O alcalde primeiramente pregúntase se "hai un ano gobernaba Galicia o PP", xa que entende que o PSOE evita indicar que parte de culpa ten o goberno bipartito. Nese sentido, o PP preguntase de novo "por que o PSOE non presentou a enmenda hai un ano?, cando gobernaban".

O alcalde afirma que "o PP de Ponteceso traballa para que a Casa da Cultura de Corme sexa unha realidade, xa temos o anteproxecto sobre a mesa, e xa a presentamos como proxecto financiable cos fondos GAC".

Tamén acusa ao PSOE de "quererse esquecer do desastre ao que sumiron a Casa do Mar de Corme: o edificio caendo a cachos, suprimindo un médico e unha pediatra".  Así mesmo, e falalndo sobre o porto deportivo de Corme, o alcalde desvalora o "precompromiso para o ano 2020" conseguido polo PSOE. 

Segue o alcalde acusando de "amnesia" ao grupo opositor, e reivindicou a "estrada Corme-Ponteceso adxudicada, contratada e comezada co goberno do PP".  Tamén apuntou que "a depuradora de Corme fixérona porque lles obrigou a Unión europea".

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com