Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Dombate terá unha boina doble  Correo-e
miércoles, 16 de diciembre do 2009

Image 

Xa o anunciaban en novembro dende a Deputación. I é que veñen de de adxudicar o proxecto de rehabilitación de Dombate cun orzamento de 1.514.492 euros. Será a empresa Construcións en Pedra Sigrás S.L. a adxudicataria provisional para a realización dos traballos, logo dun concurso no que participaron un total de 24 empresas.

O prazo de execución será de 10 meses desde a formalización do contrato coa Deputación da Coruña, que se producirá a finais de mes. Así as obras comezarán a mediados de xaneiro de 2010, segundo a previsión dos técnicos provinciais. Aquí abaixo mostramos varios detalles do proxecto, que contará con 2 edificios.

Un proxecto galego

O proxecto para a recuperación de Dombate foi redactado polo arquitecto coruñés Francisco Vidal.

No documento contémplase a construción de dúas edificacións independentes, unha para protexer o dolmen e outra que albergará o centro de recepción e interpretación do monumento. O primeiro inmoble resólvese cunha cuberta a catro augas, con estrutura de madeira, que apoia sobre alicerces metálicos e cubrición de cobre. Esta edificación ocupará unha superficie de 900 m2 protexendo o dolmen e o seu túmulo. A formulación estrutural posibilita xerar un zócalo transparente, que permita seguir contemplando o monumento na súa contorna. Ao redor do mesmo unha pasarela, circular permitirá a visión próxima.

A importancia das condicións climáticas

Para Francisco Vidal, "un dos principais obxectivos a conseguir, é que as condicións climáticas no monumento sexan as idóneas, rebaixando a elevada humidade existente no interior da cámara e así manter un microclima adecuado no recinto da forma máis natural posible. Drenaxes profundas e superficiais, así como a disposición de lama de protección solar e mecanismos de regulación da ventilación natural, son sistemas que se contemplan para conseguilo, e para protexer as pinturas do túmulo".

Edificio principal

O edificio do centro de recepción exponse como o limiar de entrada ao recinto. Nel, situaranse: o control, a información, a exposición didáctica, aseos, almacén, etc; dispondo dunha superficie aproximada de 300 m2. O cerramento resólvese con fachadas ventiladas e revestimentos en lama de madeira. A fragmentación do seu volume axudará a manter unha escala adecuada e integrar o edificio na súa contorna. Este acollerá un espazo museístico para que os miles de visitantes que acudan poidan coñecer a cultura megalítica.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Gabinete de Prensa da Deputación da Coruña.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com