Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Aprendendo a ser DJ musical co PC  Correo-e
miércoles, 16 de diciembre do 2009

Novedosa iniciativa a que sacan dende o Servizo Municipal de Emprego e Desenvolvemento Local de Vimianzo. Así, a través da Campaña Comunícate da Secretaría Xeral de Medios, estase a organizar un Curso básico de edición dixital de audio que se impartirá no Telecentro de Vimianzo na data e co programa indicado, do que aínda hai prazas libres.

A finalidade deste obradoiro será que os participantes poidan aprender a editar e manexar o son; a partires deste punto, será o propio usuario quen terá que explorar as aplicacións que esta actividade poida ter para o seu cometido ou cometidos concretos. Deste xeito poderán facer os seus pinitos no mundo da música coma os compañeiros da radiONeria.

Image 

Datos

  • Data: 21/12/2009.
  • Hora: 16.30 h
  • Duración: 4 horas
  • Destinatarios: maiores de 12 anos, con coñecementos de uso do ordenador, pero sen ningún coñecemento de ferramentas de edición de audio. Actividade gratuíta. Prazas limitadas.

Contidos da actividade

  • Primeiros pasos: proxectos, pistas e arquivos de audio.
  • Operacións básicas de edición.
  • Xestión de pistas de audio.
  • Sons.
  • Efectos.
  • Mesturas.

Máis información e Inscricions

No Servizo Municipal de Emprego e Desenvolvemento Local antes do 19/12/2009 (981 716 001, preguntar por Lorena Cernadas).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Servizo Municipal de Emprego e Desenvolvemento Local de Vimianzo, da man de Lorena Cernadas.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com