|
Doble xornada baloncestística esta pasada fin de semana. Vitoria do Oso Polar ACB Costa da Morte Os Osos sacan as garras e morden ao C.B. Laracha. El Oso Polar Costa da Morte dá a badalada e derrota contra todo prognóstico ao potente C.B. Laracha. No partido correspondente á 8ª xornada da primeira división zonal de baloncesto que enfrontou o pasado domingo 13 no municipal de Cee ao Oso Polar Costa da Morte contra o C.B. Laracha saíu vitorioso o equipo local ao imporse tras un gran partido por 74 a 56. Datos do encontro - Resultado: Oso Polar Costa da Morte 74 - C.B. Laracha 56
- Parciais: (16-16, 14-16, 15-12, 29-12).
- Oso Polar Costa da Morte: Busto (-), Manuel (14 ptos, 1t), Roberto (34 ptos, 6t) Iván (7 ptos) e David (16 ptos, 1t) [cinco inicial]. Tamén xogou José (3 ptos).
- C.B. Laracha xogaron: C. Pérez (9 ptos), A. Pérez (7 ptos, 1t), Souto (3 ptos), Rodríguez (4 ptos) e Taibo (16 ptos, 2t) [cinco inicial]. Tamén xogaron Graña (-), Calvo (2 ptos), A. García (-), J.J. García (2 ptos), Gómez (13 ptos) e Raia (-).
- Incidencias: Boa asistencia nas bancadas coa presenza dunha trintena de afeccionados no municipal de Cee que animaron aos locais ante a gran actuación do equipo.
- Árbitros: Os árbitros J. Torres e D. Canosa tiveron unha discreta actuación alternando boas decisións con erros de vulto.
Chegaba moi minguado o Oso Polar que arrastraba as baixas por lesión de longa duración de Javier e Félix ademais das baixas de José Ramón e Santi M. por atoparse de viaxe e de Santi C. por motivos persoais. Ademais, Luís foi baixa de última hora por causa duns mareos que lle impediron sequera realizar o arrequecemento. Por se isto fose pouco Iván que se lesionou facía 15 días chegaba aínda tocado e con tan só dous adestramentos ás súas costas. Así pois só contaba Roberto (adestrador local) con 6 xogadores para afrontar o partido. En fronte chegaba un poderoso C.B. Laracha que se presentou en Cee con 11 dos seus 12 xogadores tendo como única ausencia a Molk pero cos Taibo, Mindi, Chesi, Adrián e demais. O Oso Polar empezou moi metido no partido sabedor de que tiña que render ao máximo se querían ter algunha oportunidade. Acabaron o primeiro cuarto igualados os dous equipos a 16 puntos. O C.B. Laracha cargaba o seu xogo no interior da zona o que ocasionou que David sentase con 3 faltas ao final do primeiro cuarto. Por fóra o Oso Polar conseguía frear ao peligrosísimo Taibo grazas á defensa de Busto e ás axudas dos interiores cando este penetraba a canastra. En ataque o acerto de Roberto desde o triplo e de Iván no interior da zona mantivo vivo ao Oso Polar. Pintaban mal as cousas para os da costa con só 6 xogadores e David cargado con 3 faltas. Intentou aproveitar esta situación o Laracha pondo máis altura sobre o campo pero os da costa non só aguantaron con inferioridade física en case todas as posicións (escoltas defendendo a beirados e beirados defendendo a pivotes) senón que grazas a un gran esforzo e loita colectiva conseguiron chegar ao descanso con tan só 2 puntos de desvantaxe no marcador. Empezou a segunda parte e o Oso Polar apertou se cabe máis en defensa axustando moi ben nos cambios, negando os balóns cara o interior da zona e roubando balóns para sacar rápidos contraataques grazas aos pases de Roberto e a velocidade de Manuel que callou o seu mellor partido da tempada con 14 puntos, levando o ritmo de partido e sobre todo perdendo poucos balóns. Ante as dificultades para anotar desde o interior (formidable o traballo defensivo tanto de Iván como de David secando aos pivotes rivais e asegurando todos os rebotes) intentárono desde fóra os de Laracha pero nesta ocasión foi José quen logrou parar a un Taibo que se desquició por momentos. Pero todo este traballo en defensa non servise de nada sen a maxistral actuación de Roberto que con 34 puntos e 6 triplos foi o líder do equipo dando ademais moitas asistencias aos seus compañeiros e volvendo tola á defensa rival que nunca soubo como pararlle. No último cuarto o acerto do Oso Polar levoulle a asinar un parcial de 29 a 12 que tombou a un Laracha noqueado (18 puntos de diferenza ao final do partido) por un equipo con só 6 xogadores dispoñibles que se deixaron como nunca a pel no campo asinando unha das mellores actuacións deste equipo nos últimos anos mostrando a súa mellor versión tanto en defensa como en ataque contra un dos grandes favoritos a conseguir o ascenso. Vindeira cita A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte visitará ao líder Fucobet de Betanzos en busca dunha carambola que lle permita coarse no grupo que loitará polo ascenso. Para iso necesita gañar ao Fucobet e que o C.B. Laracha perda na súa visita ao Placasa EBX de Carballo. Desta forma os da costa serían segundos e xunto co Fucobet serían os dous equipos do grupo A que xogarían no grupo de candidatos ao ascenso. Son baixas para este partido Javier e Félix por lesión e Santi M. por traballo. EB de Zas Cadete feminino - Liga Provincial - Xornada 4 - Resultado: EB CONCELLO DE ZAS, 19 – STA MARIA DEL MAR, 96
- Parciais: 6 – 23; 4 – 23; 9 – 22; 0 – 28
- EB Concello de Zas: Sandra, 0 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 0 ptos; Nazaret, 15 ptos; Carlota, 2 ptos – quinteto inicial – Cristina, 0 ptos; Andrea, 0 ptos; Elena, 0 ptos; Nerea, 2 ptos.
Trala forte derrota sufrida a semana anterior na súa visita a Moas Basket Coruña, volvían as rapazas de Baio a xogar ante seu público. Partido complicado ante un equipo ben armado, que non desperdiciaba ninguna das facilidades que o equipo de Baio daba en defensa e que conseguía montar rápidos contraataques que posibilitaron o marcador final. No terceiro cuarto o equipo de Baio tivo cinco minutos onde puido frenar un pouco a puntuación das coruñesas con unha boa defensa e sumar puntos en ataque (destacar nesta faceta a Nazaret, dominando baixo o tableiro contrario), pero no final deste cuarto e sobre todo no último fixose notar as dificultades nas rotacións debido a lesión no 1º cuarto de Sandra, e que tanto Cristina como Carlota cargaranse moi rápidamente de faltas. Para alcanzar o nivel do resto de equipos, o conxunto baiés precisaría adestrar máis e ter unha maior intensidade e tensión nos encontros tanto na defensa como no ataque. As rapazas da Liga Provincial do Cadete Feminino están de 6ª, con 3 puntos, en 3 partidos. Na próxima xornada (19/20-12) teñen que visitar o equipo de Maristas en Coruña. Na foto vemos o equipo en maio deste ano. Liga Provincial Infantil - xornada 3 Pola súa parte o equipo infantil caía ante o Maristas da Coruña por un 16-39. O equipo leva 1 vitoria e 2 derrotas e se mantén na 4ª posición con 4 puntos.
Máis información Novas relacionadas Crónicas anteriores da Liga Zonal Senior Masculina Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do ACB Costa da Morte.
- Nota de prensa das EB de Zas da man de Joaquín Moreira.
|