|

Xa está artellado o programa de Nadal de Carnota. pero unha das primeiras actividades levouse a cabo onte, martes 15 de decembro coa entrega de premios do III Concurso de postais navideñas Concello de Carnota. Os alumnos, en representación dos colexios do Pindo e Carnota, chegaron moi nerviosos por ver quen serái o gañador, e, ó ritmo de panxoliñas foron tomando posicións, non sen antes visualizar as postais feitas por eles, que estaban expostas nas paredes do salón. Comezou falando a técnica de cultura, Alianza Uhía, disculpando ó Alcalde, José Oreiro, que non puido asistir á entrega por motivos de saúde. Seguidamente levouse a cabo a entrega dos premios dos 6 finalistas, que foron: - 1º ciclo:
- Olalla Expósito Díaz, de 1º do Pindo. - Manuel traba González, 2º do Pindo. - 2º CICLO:
- Sharón Casais Papín, 3º do Pindo. - Esther Lamela Piñeiro, 4º de Carnota. - 3º CICLO:
- “Estrella” de 5º curso do Pindo, feita por María Carballo Caamaño, 5º de Carnota. María Carballo Caamaño foi a gañadora absoluta, conseguindo que a súa postal (arriba) sexa a institucional de todo o Concello. Logo, cando xa eran coñecidos os gañadores, levouse a cabo un sorteo de 2 Mp3 e dunha cámara dixital; e como premio innovador sorteouse un Curso Náutico na escola Náutica NALÚ, sita en Caldebarcos. Como colofón as técnicas fixeron entrega de cadanseu agasallo ós dous colexios participantes, en agradecemento da colaboración e contando con eles para o vindeiro Nadal. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da man de Alianza Uhía, Técnica de cultura do concello de Carnota.
|