Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
De que morren as gaivotas en Lires?  Correo-e
jueves, 17 de diciembre do 2009

Image

Xa vai para un mes dende que aparecían medio centenar de gaivotas mortas na ría de Lires. Efectivos de Medio Rural recollían os cadáveres, e atribiuían a morte a causas naturais dadas as malas condicións metereoloxicas. As gaivotas poderían ter morto por falta de alimentación nos días de temporal.

Con todo, na parroquia ceense hai sospeitas de que a alta mortandade non foi causa unicamente do temporal. A piscifactoría de Lires está no punto de mira, por exemplo, do BNG. Nese sentido, o BNG asegura que "a depuradora de augas residuais non funciona, poida ser este un problema de contaminación na auga o que suporía un problema de saúde pública, debido os numerosos pescadores que alí hai case que a diario".

Así, o propio BNG local presentará unha petición ao goberno local para que interceda ante as autoridades oportunas para averiguar a causa da morte. Dende o BNG sinalan que xa pasou tempo abondo para coñecer as análises dispostas no Centro de recuperación de fauna de Oleiros. Dende Medio Rural afirman que, sen ser os datos definitivos, polo de agora non hai indicios de contaminación.

Depuración

Voltando á posible contaminación das piscifactorías do concello ceense, o BNG pide que "sexa como sexa, que o goberno poña a funcionar dita estación depuradora (así coma as de Ameixenda e Estorde) dunha vez por todas, xa que leva demasiados anos alí sen facer a función para a que se pensou".

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com