|

O Concello de Fisterra xa ten postal gañadora do XVI Concurso de Postais. O certame clebrou a súa entrega de premios a o pasado 21 de novembro, nunha cita organizada polo Departamento de Cultura. Foron moitos os rapaces que, a pesar do mal tempo que houbo ese día, participaron na actividade. Destacaron moitas postais as cales facían mención ao Ano Santo, ademáis de motivos navideños. Pero entre todas elas a que estaba máis elaborada foi a de Carlos Vigo Fernández, de 13 anos. Carlos debuxou unha paisaxe do porto de Fisterra adornada con motivos navideños entrou polos ollos do xurado. Ademáis Carlos será agasallado con un lote de material escolar o cal se lle fará entrega o vindeiro domingo 20 na Festa de Nadal do pabillón municipal. Parabéns Carlos!!. Visita de Papa Noel Papá Noél chega a Fisterra cargado de agasallos para todos os nen@s, música, xogos, bailes e unha tarde de entretemento para todos os nen@s e os seus pais e familiares. A cita será este domingo 20 no pabillón deportivo municipal, exactamente ás 18:00 horas. A festa estará amenizada polo grupo de animación Fantasía Animación no que empregarán métodos moi dinámicos e participativos introducindo aos rapaces ao mundo do Nadal e xa a última hora da visita de Papá Noél. Novas relacionadas Fonte - Nita de prensa do Departamento de Cultura do Concello de Fisterra.
|