sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Maxia, cine e baile no Programa de Nadal de Mazaricos  Correo-e
jueves, 17 de diciembre do 2009

A Concellaría de Cultura do Concello de Mazaricos, dirixida por Suso Jurjo, Técnico de Cultura, vén de presentar o programa de Nadal para o concello Un programa que se desenvolverá integramente na Casa da Cultura da Picota,e que terá as seguintes actuacións:

Domingo 20 de decembro

Image 

MAXIA a partir das 5 da tarde no Auditorio da Casa de Cultura, co espectáculo A FEIRA MÁXICA LAFAYETTE de Cayetano Lledó; e despois o sensacional BAILE DOS MAIORES.

Domingo 27 de decembro

Image 

FESTIVAL DE NADAL a partir das 5 da tarde no Auditorio da Casa de Cultura, coa participación do Grupo de Pandeiretas da Asociación de Amas de Casa, do Coro Interparroquial de Mazaricos, do Grupo de Pandereteiras de Arcos e do Grupo de Teatro Afeccionado de Mazaricos.

E despois o BAILE DOS MAIORES cunha sensacional FESTA DE FIN DE ANO. (A realización do festival será posible gracias á colaboración de tódolos grupos e as entidades participantes).

Martes 29 de decembro

Image 

CINE ás 17:00h da tarde na Casa de Cultura coa estupenda película infantil:

  • ICE AGE 3 (EL ORIGEN DE LOS DINOSAURIOS)

Mércores 30 de decembro

Image 

CINE ás 17:00h da tarde na Casa de Cultura coa película de debuxos animados:

  • MADAGASCAR 2

Xoves 31 de decembro

Image 

CINE ás 17:00h da tarde na Casa de Cultura coa sensacional película:

  • UP (dos creadores de Buscando a Nemo e Monstruos, S.A.)

Domingo 3 de xaneiro

O BAILE DOS MAIORES ás 19:00h da tarde na Casa de Cultura, coa mellor música e a actuación do GRUPO DE PANDERETEIRAS DE ARCOS.

Martes 5 de xaneiro

Image 

Ás 16:00h da tarde no Auditorio da Casa de Cultura: GRAN CABALGATA DE REIS con regalos para tódolos rapaces e rapazas e o sensacional espectáculo dos Paiasos TUL Y PAN, e para rematar unha estupenda chocolatada. Coa colaboración da A. VV. “MONTE PICOTO”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Concellaría de Cultura do Concello de Mazaricos.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com