Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Critican o silencio de Feijóo sobre o parque empresarial e o xeriátrico  Correo-e
jueves, 17 de diciembre do 2009

Image

A visita do presidente da Xunta de Galicia a Vimianzo, para a inauguración do monumento ao Emigrante, era esperada por todos. Esperada non só polas palabras que podían rondar en torno as migracións, senón que moitos agardaban novas sobre as infraestruturas paralizadas do concello vimiancés.

Así, o "non anuncio de apertura" do xeriátrico e do parque empresarial é unha mala nova para o pobo vimiancés, segundo a oposición. Para o BNG "resulta difícil de entender que non fixeran ningunha referencia (...) cando foi motivo principal das promesas electorais do PP". O BNG lembra que o PP "se comprometeu en público a rebaixar o prezo das parcelas ata 35€ metro cadrado". Afonda así na incertidume o silencio da XUnta.

“Non está mal que o Sr. Feijoo veña inaugurar un monumento feito con cartos dos emigrantes”, di o portavoz municipal do BNG; “o que non está ben e que manteña pechados con máis de oito meses de atrasos o xeriátrico e o parque empresarial, non veña a inauguralos, e nin sequera teña nada que dicir ao respecto cando ven a Vimianzo”, di Manuel Antelo.

O BNG de Vimianzo lembra que hai pendente a execución dun acordo do Pleno para unha xuntanza cos responsables da Xunta en materia de atención aos maiores e de parques empresariais, para esixir a apertura do xeriátrico e o impulso ao parque empresarial, e pídenlle ao alcalde e ao PP a que contribúan a que se realicen canto antes estas reunións. “Cando o BNG estaba na Xunta houbo sempre unha disposición a falar destes asuntos, e dende o grupo municipal estivemos axilizando os contactos coa corporación”, di o portavoz nacionalista; “vexo máis preocupación en Borbujo por saír na foto que por traballar por Vimianzo”, engade o portavoz municipal. 

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Vimianzo.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com