Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Cabana lembrará a cestería de colmo na actividade coficestos  Correo-e
viernes, 18 de diciembre do 2009

Image

Vai andando decembro, o mes da cetería en Cabana de Bergantiños. Baixo a coordinación da mestra cesteira, Lola Tourón, e do artesán Xaime Gagino Nantón afeccionados ó mundo da cestería van aprendendo o oficio nos distintos locais parroquiais do concello cabanés.

A partir deste sábado, 19 de decembro, desde as catro e media a seis e media da tarde, abriranse as portas da Casa da Cultura para desenvolver a actividade Coficestos. Na súa primeira sesión lembrarase o traballo da cestería de colmo da cal o último representante na comarca de Bergantiños foi o cesteiro de Cerqueda José Otero Álvarez falecido en xaneiro de 2009.

Así que nesta tarde do sábado, baixo a mirada de Lola Tourón e coa sabedoría dun dos aprendices de Otero Álvarez, Xaime Gagino Nantón os afeccionados á artesanía que queiran achegarse ou profundizar nesta modalidade de cestería que inclúe como material de traballo a palla e a silva teñen unha cita que tardará en volverse a repetir.

O programa do día é o seguinte. Lola Tourón realizará unha breve presentación da cestería de colmo no territorio galego e na comarca de Bergantiños. A continuación, Xosé Manuel Varela proxectará unha presentación audiovisual con imaxes inéditas do cesteiro José Otero Álvarez mediante as cales explicará os distintos procesos de elaboración dun cesto de colmo. Por último, Jaime Gagino Nantón, quen traerá varios cestos de colmo empezados, poñerá a traballar ó alumnado asistente para que aprendan esta tradición artesanal que corre perigo de extinción.

A próxima cita do Coficestos será con Maruxa de San Cosme, quen aprenderá ós asistentes a elaborar sombreiros e corozas de palla.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Cultura de Cabana.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com