Presentación do Convivium Galicia do Slow Food A Casa de Trillo, en Santa Mariña, Muxía, acollerá a presentación do Convivium Galicia do Slow Food, este venres 18 de decembro, a partir das 16:00h. Citas corais VI Memorial Pepe Valiña Este sábado 19 de decembro a Igrexa nova de Baio acollerá o festival ás 21:00 horas. Ademáis da Coral polifónica Xan Mella actuarán o Orfeón Neria da Costa da Morte e o Orfeao de Paços de Ferreira (Portugal), que devolverá a visita. XIII Certame de Corais Polifónicas de Ponteceso O sábado 19 de decembro, a Igrexa San Eleuterio de Tella, acolle o décimo terceiro certame de corais polifónicas do Concello de Ponteceso. O acto comezará ás 21.00h. e participarán as semúsica guintes agrupacións corais polifónicas: - CORAL P. SAN MARTIÑO DE CORES; CORAL P. SANTA MARIÑA DE PONTECESO; CORAL P. SAN SALVADOR DE PAZOS; CORAL P. SAN ELEUTERIO DE TELLA; CORAL P. BRISAS DO MAR DE CORME; CORAL P. A OLIVEIRA DO MONTE BRANCO; CORAL P. DO CÍRCULO MERCANTIL DE RIVEIRA.
Certame de Corcubión O domingo a partir das 18:30h, a Casa da Cultura de Corcubión acollerá o seu festival de corais e baile tradicional. Concerto Coral en Cabana As corais Coral de Cesullas, Coral de San Martín de Canduas, Coral de Mata Mariña de Corcoesto, actuarán no Salón da Carballa a partir das 18:00h do domingo 20 de decembro. Cita poética en Muxía Importante cita ca poesía da Costa da Morte esta fin de semana en Muxía. O sábado 19 de decembro os Poetas da Costa da Morte xuntaranse no Salón do Voluntariado en Muxía a partir das 18:30h. Cabaret en Fisterra O sábado 19 de decembro, a partir das 23:30h, poderemos disfrutar do Espectáculo de Monicreques "Pekeno Cabaret de tolos", a cargo de Borja Insua. Ao remate, o cantautor peruano Carlos Rubio fará a súa actuación. Doble sesión de teatro en Malpica "A preguiza", será a obra que Teatro do Andamio ofrecerá o venres 18 no Ciclo de Teatro de Malpica. Será ás 20:30 h. no Auditorio do Centro Cívico do Concello de Malpica. Ademais o sábado 19 de decembro, a Compañía Os Amigos representará "A Muller de Meu Amigo Enganame". Será ás 20:30 h. no Auditorio do Centro Cívico do Concello de Malpica. Concerto de Nadal en Cee O domingo 20 de decembro. Salón de Actos do Concello, 20.15 h. Concerto de Nadal a cargo do ORFEÓN NERIA. Maxia en Mazaricos Este domingo, MAXIA a partir das 17:00h da tarde no Auditorio da Casa de Cultura, co espectáculo A FEIRA MÁXICA LAFAYETTE de Cayetano Lledó; e despois o sensacional BAILE DOS MAIORES. Coficestos en Cabana A partir deste sábado, 19 de decembro, desde as catro e media a seis e media da tarde, abriranse as portas da Casa da Cultura para desenvolver a actividade Coficestos. Na súa primeira sesión lembrarase o traballo da cestería de colmo da cal o último representante na comarca de Bergantiños foi o cesteiro de Cerqueda José Otero Álvarz falecido en xaneiro de 2009. Contacontos en Lires O domingo 20, ás 16:30h da tarde contacontos Duende Sico e ao remate, actuación das Pandereteiras e Gaiteiros Pedras Miúdas. Concerto no Ézaro Este sábado 19 ás 0:00h de decembro, o Bar Praia do Ézaro acollerá un noovo concerto. Continúa afianzándose como referente do soso panorama musical da Costa da Morte. Festas en Cereixo Este venres 18 de decembro, as orquestras Compostela e Capitol actuarán no pavillón de Deportes da Ponte do Porto. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|