Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Os Paxes dos Reis adiantáronse por Carnota  Correo-e
viernes, 18 de diciembre do 2009

Image

Onte, xoves 18 de decembro os nenos e nenas do Concello de Carnota tiveron unha visita moi especial. Os Paxes Reais das Nosas Maxestades os Reis Magos de Oriente, fixeron unha fugaz parada na súa apretada axenda para recoller as cartas que os cativos lle escribiron os Reis Magos.

Antes de visitar a todos os rapaces nos seus respectivos colexios, fixeron unha pequeniña parada na casa do concello, onde compartiron unhas risas co alcalde, José Oreiro, como vemos na foto.

De aquí, partiron cara o colexio do Pindo, logo, a escola unitaria do Viso, ó centro de día, a guardería, ó colexio de Carnota, e, por último, a escola unitaria de Lira. Repartiron moitísimos caramelos e, sobre todo, recolleron todas as peticións para a noite do 6 de xaneiro.

Os paxes, ademais de felicitar aos gañadores do concurso de postais, tamén recordaron que as Nosas Maxestades visitarán este concello o día 5, no que esperan que todos asistamos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do concello de Carnota.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com