Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Cabana aprende aos veciños o saber cesteiro  Correo-e
lunes, 21 de diciembre do 2009

Image

O Concello de Cabana continúa co seu programa de recuperación de tradicións. Este mes, toca a cestería E máis concretamente a cestería de colmo, que centrou o segundo obradoiro do programa Coficestos que se está a desenvolver no concello de Cabana de Bergantiños dentro do Mes da Cestería. Nesta ocasión, a cita serviu para lembrar a figura do cesteiro de colmo, José Otero Álvarez, último representante (xa falecido) desta actividade artesanal na Costa da Morte.

A xornada comezou coa proxección dunha presentación elaborada por Xosé Manuel Varela Varela composta dunhas 700 fotografías nas que se pode observar todo o proceso de elaboración dunha cesta de colmo, os materiais que se empregan así como as ferramentas que se utilizan. Ademais, preséntanse unhas instantáneas das distintas modalidades que elaboraba este cesteiro da parroquia de Cerqueda asiduo ás mostras de artesanía que se celebraban na ribeira baixa do Anllóns.

Tras a presentación, un alumno de José Otero Álvarez, Jaime Gagino Nantón ofreceu unha demostración da artesanía de colmo ó alumnado asistente. A sesiín, que se celebrou durante un par de horas na sala de audiovisuais da Casa de Cultura de Cabana de Bergantiños estivo coordinada pola mestra cesteira Dolores Tourón.

Mes da cestería

No que vai de mes, o programa do Mes da Cestería está resultando todo un éxito de participación nos distintos obradoiros, así como moi ricaz nas distintas modalidades que se ensinan: cestería tradicional ou cestería de reciclaxe. Como alumnado participan alumnos dos distintos centros acadámicos do concello, adultuos e xuventude das distintas parroquias de Cabana, así como docentes da contorna como de municipios como Zas.

Sen lugar a dúbidas, con este proxecto do mes da cestería, Cabana de Bergantiños soubo achegar todas as variedades creativas desta actividade artesá non só a toda a súa poboación, senón tamén ó público foráneo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Cultura de Cabana.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com