|
Laxe celebra o seu Nadal solidario |
Correo-e
|
|
lunes, 21 de diciembre do 2009 |
|

Continúa sendo un éxito o Programa de Nadal da Concellería de Benestar Social, Cultura e Protección Civil do Concello de Laxe. As actividades de Nadal están tendo unha magnífica acollida entre os veciños e veciñas laxenses. Por unha banda, xa remataron os obradoiros de decoración de Nadal cunha grande participación tanto no de adultos como cos máis pequenos. Aí vemos o grupo de adultos que preparon estes centros de mesa. Pero, quizais, o máis salientable sexa a grandísima acollida da Campaña de recollida de xoguetes, "Xogamos?". A campaña chegou aos centros educativos do Concello, a través das monitoras culturais. Estas explicaron polas aulas o por que da campaña, que é a soliedaridade, etc. A cantidade de xoguetes recollidos dos veciños e veciñas, tanto no Concello comanos centros educativos, está superando as espectativas que tiña a concellería feitas nun primeiro momento. Ademáis, sinalar que aínda que a recollida é de xoguetes usados, os laxenses, están donando material en moi bo estado, case sempre educativo e para todas as idades. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Concelleiro de Benestar Social, Cultura e Protección Civil do Concello de Laxe.
|