Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O PSOE pontecesán acusa ao alcalde de converter o aniversario da Fundación nun acto partidista  Correo-e
lunes, 21 de diciembre do 2009

Image

Novas críticas da oposición pontecesá do PSOE contra a alcaldía. O PSOE denuncia agora a falta de criterio nos últimos actos públicos do concello. Entre eles, o aniversario da Fundación Eduardo Pondal (que vemos na imaxe, con Xosé María Varela en primeira instancia). Para o PSOE non se pode entender que non se invitase aos que "fixeron posible a construcción da Fundación Eduardo Pondal (a Xunta do Bipartito coa súa consellería de Traballo, que concedeu o obradoiro, e a Deputación da Coruña, que este ano segue subvencionando as obras de Cospindo)". E valoran de "hipócrita" a invitación única aos "que teñen carnet do PP".

O PSOE tamén criticou o devir do acto. "Poñendo pinchos de empanada e diapositivas dos poucos actos da Fundación, demostrou que quere utilizar esta Fundación como plataforma electoral para perpetuarse no poder. A falta de contido cultural destacouse tamén pola ausencia de escritores no acto de aniversario, o mesmo que sucedeu ó longo do ano coa ausencia de actividades literarias e culturais masivas", denuncia o PSOE.

Agora pregúntase a oposición "vai invitar a Núñez Feijóo a inaugurar o pavillón de Ponteceso, construido cos fondos íntegros do Plan E de Zapatero para 2009?"

Falta de investimento

E ao tempo, o PSOE considera que o "son Alberto Sueiro e José Luis Fondo os que teñen que pedir perdón polo pouco que fixeron pola comarca de Bergantiños, e a proba máis sangrante son os orzamentos da Xunta de 2010".

"Ningunha das enmendas presentadas polo Psdeg-Psoe a favor de Ponteceso", continúa o PSOE, "por un importe cercano ós 2.000.000 de euros, foron aprobada pola maioría do PP".

Así, o Psoe de Ponteceso considera que "todos os Alcaldes deberían esixir un Plan de investimento local por parte da Xunta equiparable ó Plan E".

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com