|
Os pequenos carnotáns xa teñen marcapáxinas |
Correo-e
|
|
lunes, 21 de diciembre do 2009 |
|

Este pasado venres día 18 de decembro a axencia de lectura do Concello de Carnota continuou cos Venres Lúdicos. Esta vez organizaron un obradoiro de marcapáxinas. Os nenos e nenas que acudiron a súa xa ineludible cita atopáronse con diferentes modelos de marcapáxinas dos cales escolleron os que máis lles gustaron e puxéronse mans a obra. Tiveron que debuxar, pintar e recortar e conseguiron facer uns marcapáxinas estupendos. Ao marcharen aproveitaron para coller libros emprestados na biblioteca e levalos para a casa para poder estrear os recen feitos marcapáxinas. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Axencia de Lectura do Concello de Carnota.
|