Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Programa de Nadal en Dumbría  Correo-e
lunes, 21 de diciembre do 2009

Image

Este Nadal chega a Dumbría cargado de actividades coas que divertirte. O Concello organiza unha morea de actividades que se desenvolverán na Casa da Cultura.

Festa infantil de Nadal

  • Luns 28 de decembro. Pavillón polideportivo de Dumbría. Desde as 11 ata as 17 h. o pavillón encherase de xogos, música, talleres lúdicos, maxia coa actuación de Chrystyan Magic,... e algunha que outra sorpresa. Entrega a autorización antes do 21 de decembro (nenos/as a partir dos 4 anos). Haberá servizo de autobuses para recoller ós participantes polas parroquias. A actuación de maxia será ás 15.00 horas e estará aberta a todos aqueles que queiran asistir.

Excursión á Coruña

  • 4 de xaneiro. Visita á Casa das Ciencias con sesión de Planetario e patinaxe sobre xeo (nenos/as de 6 a 16 anos). Entrega a autorización antes do 21 de decembro.

Mensaxe de Papá Noel

  • Papá Noel deixounos unha mensaxe para os nenos e nenas de Dumbría. Poderás ve-la túa do 14 ó 18 de decembro nas clases de informática.

Manualidades

  • Durante o Nadal ven á túa Casa de Cultura facer un Papá Noel, tarxetas e adornos navideños, escribir a carta ós Reis, ...

Contos de Nadal

Ven ás sesións de contacontos nas biblioteca ás 18.00 h en:

  • Ézaro: 29 de decembro.
  • Dumbría: 29 de decembro.
  • Buxantes: 30 de decembro.
  • Olveira: 7 xaneiro.
  • Berdeogas: 8 xaneiro.

Campionatos de ping-pong

Ás 18.00h en:

  • Berdeogas: 29 de decembro
  • Olveira: 30 de decembro
  • Ézaro: 7 de xaneiro
  • Buxantes: 8 xaneiro.

Películas

Tamén haberá proxección de películas para tódolos públicos. Achégate á Casa Cultural e consulta horarios.

Novas relacionadas

  • Cee, Zas e Dumbría reciben axudas da Deputación.
  • Xa se poden ver na rede "Os Soños do mar".
  • Comeza o Programa do Nadal en Cee.
  • Fonte

    • Nota de prensa do Concello de Dumbría.
     
     

    Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

    Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


    Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com