|
Mes e medio pagando por unha autopista cortada |
Correo-e
|
|
martes, 22 de diciembre do 2009 |
|

Continúa cortado no punto quilométrico 5 da autoestrada AG-55 Coruña-Carballo, a altura das canteiras de Vilarodís. Xa vai case que un mes dende que o pasado 25 de novembro, os desprendimentos das rochas caían sobre a estrada, mesmo producindo un accidente. Se ben na nota de prensa que enviaba a Xunta arredor das labores de reapertura non atopamos datas, descubrimos que hai 15 días o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, falaba de que a autoestrada vai estar pechada "mes e medio". 20.000 condutores seguen pagando Uns 20.000 conductores utilizamos esas estradas a diario, e pagamos relixiosamente os 50 céntimos do curto tramo pechado. Ás veces, hai ata que pararse coma se dun semáforo se tratase, pero iso non impide nin que a concesionaria elimine esa parte final da peaxe, nin que as administracións fagan nada por evitalo. Así, comezaremos o ano un pouco máis incomunicados e pagando por un servizo que non existe. Novas relacionadas
|