|
Radio Roncudo e radiONeria tentaron repartir sorte pola Costa da Morte |
Correo-e
|
|
martes, 22 de diciembre do 2009 |
|

Pero non puido ser. O Gordo, como unha boa dos premios quedaron en Madrid, e na Costa apenas levaremos unhas cantas pedreas. O Gordo, xa sabedes, foi o 78.294. Un día no que a radio está prendida en todas as casas, en todas as oficinas, un día no que hai licencia FM. E na Costa non somos menos e puidemos disfrutar dun Especial Lotería de Nadal na radios irmandadas da Costa da Morte: a radiONeria e a Radio Roncudo. Ao outro lado das ondas estiveron Fran Lago e Óscar Rey Lago, quen dende os estudios da radio municipal corcubionesa levaron a cabo o programa especial da Lotería de Nadal. E a piques estiveron de sorte as radios municipais irmandadas da Costa, xa que Oscar Rey rozou o gordo. Tiña, e non é broma, o 76.294. Por un número, un mísero número que podería cambiar a súa vida e a das radios da Costa, pois Óscar é un dos reponsables das emisoras irmandadas. Para o ano que vén terá que ser... Máis información Máis información Novas relacionadas Fonte
|