|

A semana pasada coñeciamos un pouco máis de preto esa Escola 2.0 que se atopa en Muxía. Ese CEIP dos Muíños que está á última e entende que as ferramentas dixitais son fundamentais a día de hoxe para chegar aos cativos, xa nativos dixitais. Aí están as metras do 3º ciclo Susana Seoane Dovig, Aurelia Mª Picallo Merlán, Isabel Tomé, Rocío Vázquez, Rocío Caamaño e Estela Portas, a profe de EF. Un obradoiro na escola para toda a familia Pero hoxe imos afonda nas actividades que se desenvolven na Biblioteca Escolar. Unha das máis ilusionantes é o "Obradoiro das familias". Para ser máis rigorosos deberíase chamar "Obradoiro das nais", xa que a participación é exclusivamente feminina, pero a idea é moi interesante. Como nos conta Susana, "as nais reúnense as tardes dos xoves para compartir lecturas, experiencias e aprendizaxes. Na súa última reunión prepararon un boletín con recomendacións para agasallar con libros este Nadal. Son unha selección de lecturas moi variadas, para todas as idades, nacidas da experiencia de ler en familia". A iniciativa non queda aí, xa que o centro encargarase de elaborar unha copia que chegará a todas as familias. Outra quedará instalada permanente no "Niño da curuxa", o blog da biblioteca escolar: - Blog da Biblioteca do CEIP Os Muíños.
Un clube de lectura O "Obradoiro" veu funcionando durante o curso pasado de outubro a xuño, co obxectivo fundamental de achegarse á literatura infantil, e adquirir coñecementos suficientes para acompañar aos fillos e fillas na lectura e na aprendizaxe. Segundo Susana, "a idea gustou moito, e decidiron ampliar as súas actividades, colaborando co Seminario de Biblioteca no que está integrado parte do profesorado do centro". Deste xeito, durante o presente curso, "o Obradoiro funciona como un "Clube de Lectura" no que as nais profundizan na súa afección polos libros, e descubren novas posibilidades de aprendizaxe encamiñadas a superar a "fenda dixital" que as separa dos seus fillos". Un bo método, práctico, mediante o que as familias se decatan de como as novas tecnoloxías importan nas nosas vidas, e, sobre todo, nas dos máis novos. Máis información Novas realacionadas Fonte - Información da man de Susana Seoane Dovigo (Responsable da Biblioteca Escolar) e Aurelia Mª Picallo Merlán (Directora do CEIP Os Muíños).
|