sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Sesión informativa criticada en Corcubión  Correo-e
miércoles, 23 de diciembre do 2009

Image

Hoxe mércores 23 de decembro de 2009 ás 13:00h, o Concello organiza unha sesión no Salón de Plenos na que pretende informa ao pobo de varios dos seus proxectos. O alcalde exporá a campaña para que os veciñ@s poidan coñecer e recibir de primeira man información dos proxectos en trámite neste concello. Entre eles están o da Realidade Aumentada, que explicaba o pasado luns Jan Lamas, o centro de día, ou o polémico proxecto de rexeneración da praia de Corcubión.

Críticas dende a oposición

Non todo o pobo de Corcubión está conforme con estas xornadas informativas malia demanda continua desta clase de sesións. Dende o o BNG critican que a “campaña institucional” con felicitación de nadal e coas propostas do concello son "unha auténtica falla de sentido da democracia". Para o BNG a campaña baixo o lema “encamiñando o futuro de Corcubión”, se trata de "mera publicidade política". Ademais apunta que un dos temas que vai presentar o concello, o do Centro de Día, foi proposta do seu grupo, non por parte da alcaldía.

"Deslpifarro do alcalde"

E segue o BNG a criticar o quefacer municipal. Comeza coa anulación dunha obra de teatro o pasado sábado, unha obra de Talía Teatro que non foi publicitada polo concello e que tivo que ser suspendida porque só había un neno. Neste sentido, "o BNG non entende que se tiren os cartos deste xeito", en palabras de Oscar Insua.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com