|
Uns pequenos consellos para as compras do Nadal |
Correo-e
|
|
miércoles, 23 de diciembre do 2009 |
|
Nestas datas do Nadal, dende os fogares estanse a ultimar as últimas compras, en especial as dos xoguetes. Por iso, dende a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello de Vimianzo, lembrámoslles os seguintes consellos prácticos á hora facer estas compras:  - Realice un orzamento e calcule o gasto aproximado, e se pode anticipe as compras
- Analice as ofertas e escolla a máis axeitada.
- O establecemento non está obrigado a cambiarlle o produto nin a devolver os cartos salvo que o anuncie.
- Comprobe o ticket de compra e gárdeo por se che fai falla reclamar
- Observe a procedencia do xoguete e conserve o seu embalaxe.
- Busque as recomendacións do fabricante.
- Lea as instruccións de uso e explíquellas ao neno.
- Non tire as informacións do produto.
- Asegúrese de que o xoguete corresponde a idade do neno.
- Elixa o xoguete co fin de educar e divertir.
- Comprobe que contén o marcado CE polo que se aproba a norma de calidade e seguridade do produto.
- Comprobe que o establecemento esta adherido ao Sistema Arbitral de Consumo, pois ofrece máis facilidade á hora de solucionar os posibles problemas que xurdan.
- Se non está de acordo pode poñer unha reclamación. Todos os establecementos, incluso os mercados ambulantes deben ter follas de reclamación de consumo a súa disposición, que despois deberá remitir a un organismo de consumo ou OMIC.
- Todos os produtos teñen unha garantía de dous anos se son novos e de un se son de segunda man.
Máis información - Poden acudir ou solicitar información na Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Vimianzo (OMIC) e no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local Concello de Vimianzo.
- Tamén poden chamar ao 981 716 001, Ext. 208.
- Ou enviar un correo electrónica a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Novas relacionadas Máis novas Fonte - Nota de prensa da OMIC de Vimianzo.
|