Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Concello corcubionés abre a súas portas á veciñanza  Correo-e
jueves, 24 de diciembre do 2009

Image

O pasado mércores 23 de decembro de 2009, o Concello de Corcubión explicou aos medios a súa campaña de apertura aos veciños. Unha campaña baixo o lema "Encamiñando o futuro de Corcubión". E segundo o alcalde, Francisco Lema, Chisco, pode ser a semente dun "futuro regulamento de Participación Cidadá", tan na palestra estes días tralas xornadas da Slow Food.

Os obxectivos deste plan é o de explicar aos veciños, de primeira man, os proxectos que o concello ten na axenda de aquí ao 2016. Proxectos que repasamos agora, pero entre os que a prioridade a marca a financiación, malia que o do porto deportivo, sería o preferido polo grupo de goberno.

Participaron na rolda de prensa o alcalde, o teniente alcalde Lalo Insua e a concelleira María Delia Lado. Malia que o alcalde asegurou que se trataba un proxecto institucional, non participou na rolda ningún membro da oposición nin do PP nin do BNG, que xa mostrou a súa disconformidade coas xornadas.

A idea do concello é a abrir as portas de todos estes proxectos aos veciños. Para iso, cada mércores, no horario de 13:00h a 13:15h, os veciños que queiran (e poidan) terán dereito a coñecer de primeira man e con explicacións técnicas dos proxectos. Iso si, o horario poderíase ampliar e "o teléfono do alcalde está sempre aberto". Ademais, o alcalde convocará a afectados e público en xeral para cada un dos proxectos. Proxectos que imos repasando e que veñen indicados na postal que enviou o concello a cada casa.

Image 

"Proxecto de rexeneración da praia de Corcubión"Image

Comezando polo asunto máis polémico, e que "sae na prensa cada dous por tres", o alcalde aportou os datos xa coñecidos, como o 1.200.000€ de orzamento, a ampliación do espigón de Santa Isabel ata en 37m, o que calificou como "reafirmación da fachada marítima de Corcubión", e os 47.000m3 de "extracto areoso", como matizou Chisco.

Precisamente ao remate da rolda, e con varios veciños na mesma, o alcalde baixou varios botes nos que se puido ver a area que van botar na praia. Chisco quixo matizar a diferencia entre "caolín" e este "extracto areoso", que conta cun segundo lavado. O tono gris e o groso do gran un pouco máis grande son as súas característica (na parte de arriba vemos a area actual e abaixo o "extracto" de caolín).

Turismo e marisqueo

Nesa liña o grupo de goberno "intúe" e ata está "convencidísimo" de que a rexeneración será un paso adiante tanto no eido turístico como no marisqueo. O Concello pensa en promocionar a zona de Santa Isabel (que ten máis calado) como zona máis turística, e a zona do porto, para o marisqueo.

A diferencia do que apuntan dende o Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión, para o alcalde o groso de 0,7mm de diámetro favorece ao marisco. Ademais apunta que só se perderá unha superficie de marisqueo de 35.000m2, pois dos 47.000m2 aptos para o marisqueou que hai agora, quedarán 42.000.

Image 

Nova xornada informativa

Para repasar todo isto, o concello vai preparar unha nova xornada informativa para o mes de xaneiro. Ao igual que fixeron dende o Colectivo en dúas ocasións, o concello quere mostrar a parte técnica do proxecto que apoia á obra. Alí si que estarán membros Colectivo, i é que nas xornadas que organizaron estes, non houbo asistencia por parte do Concello.

SaneamentoImage

Outro dos puntos claves é o chamado "saneamento integral" de Corcubión, tanto no rural coma no casco. Chisco aportou todos os investivementos que as administracións nos últimos tempos. Falou de actuacións en Antonio Porrúa, Rúa Perigos, Rafael Juan, Carrera Fábregas, no Mercado.... e agora vanse acometer certos puntos de verquidos incontrolados debaixo da Agra da Ribeira, nunha zona que vimos denunciando dende QPC os verquidos incontrolados dende hai tempo.

A "separación entre pluviais e residuais" é fundamental, pois cando chove sobrepasa a capacidade da depuradora. Con todo, recoñeceu que "as depuradoras teñen defectos", un problema que precisa resolución inminente pero sobre o que ninguén se postula.

Porto deportivo

Un dos proxectos preferidos polo grupo de goberno, pero que aínda non está licitado nin adxudicado. Así e todo, o alcalde recoñece que, en contraposición co proxecto da praia, este sería "máis impactante co medio e ademais irreparable", instando así ao Colectivo a emitir informes en contra do mesmo.

Hai un pre-proxecto de 10 millóns de euros, compaxinados entre a mariña seca de Cee e os pantaláns a praia da Viña de Corcubión, onde agora teñen os ponchóns ou mesas de filtración de ameixa as mariscadoras da zona. Estes pantaláns deberían servir tamén para as embarcacións pesqueiras, segundo afirmou o alcalde.

Mellora do casco históricoImage 

O Concello continúa coa "pavimentación de adoquíns e lasas de granito". Xa pensa nunha última actuación no Campo do Rollo, fomentando a "peatonalidade", malia que dende este diario vemos que as obras van en sentido contrario. Ademais, o concello segue pensando na obra da Praza de Castelao, sobre a que prometera contar cos veciños e con ata propostas da Escola de Arquitectos da Coruña. Vemos na foto a rúa Mártires.

Piscifactoría e Parque Eólico Singular

O Concello apoia estes "proxectos empresarias que poden dar movemento". Para o grupo de goberno "a granxa pode ser un impulso económico baseado no respecto do medio ambiente".

Polo de agora o proxecto da piscifactoría do Cabo C está parado xa que o anterior Plan Acuícola está sendo modificado pola actual Consellería de Mar. Agora xa non será a administración a que compre ou expropie os terreos para cederllos ás empresas, senón que serán as propias empresas as que compren directamente o terreo. Esto é algo que non lle parece ben ao grupo de goberno do PSOE corcubionés porque pode favorecer que no caso de que non sexa viable a granxa, poden quedar abandonadas as instalacións. Con todo, o alcalde afirmou que hai un trámite feito sobre o acordo de compra ao que chegara o concello cos veciños afectados.

Sendeiro ecolóxico

Outra das ideas é a do sendeiro ecolóxico por todo o litoral do territorio municipal. A parte que máis gusta ao goberno sería a que une o Cabo C e o Cabo da Nasa, zona que estaría afectada por dúas cousas moi diferenciadas: a piscifactoría e o posible campamento viquingo, que segue avanzando e que en breve contará cun arqueólogo da Xunta que veña a facer unha expedición.

Centro de Día

Image 

Tamén falou do tan nomeado centro de día., do que apuntou o alcalde que non será Asiolo Emilio Alonso, pois está cedido á Fundación de Anciáns Pobres de Corcubión. Polo de agora están na primeira fase, con traballos na techumbre. Pretenden optar á 2ª fase co Plan E, e preguntar na Xunta se se pode integrar na Rede de Centros de Día da Consellería de Traballo e Benestar.

A wifi xa funcionaImage

Ademais, o concello quixo apuntar que recibira varios correos preguntando pola wifi. O alcalde agradeceu os mesmos, e valorounos no sentido de que a wifi se utiliza. De paso informou que xa está en funcionamento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com