Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Hai Liga  Correo-e
jueves, 24 de diciembre do 2009

Image

Falábamos fai unha semana da posibilidade de que a liga tomase un certo color vermello en caso de que o Bergantiños conseguise a vitoria en Zas. Sería un golpe de efecto ante un dos seus perseguidores xunto co Soneira, un conxunto o de Santi que ademais tiña que visitar a Grixa. Na man do líder estaba case acabar con todo isto.
Pero o Zas non quixo e ao Soneira gústalle esta festa. Queda entón todo máis apretado que nunca e as calculadoras comezan xa a funcionar. 6 xornadas, 18 puntos por disputar, e tan só 1 o que separa os tres conxuntos. Isto ponse que arde señores. Hai liga. 

O que sucedeu en San Andrés foi un deses encontros que marcan o devir dunha liga. Máis que tres puntos estaban en xogo entre Zas e Bergantiños, e polo tanto máis de tres puntos os que levou un equipo local que sae reforzado e coa moral polas nubes tralo remate da xornada. Pola contra, veremos se o Bergantiños se sobrepón a este tropezo e o nerviosismo non se apodera dos xóvenes xogadores carballeses. Do ocorrido nos noventa minutos, partidazo con tódalas letras. Púxose o Zas por diante con dous goles de diferenza, Javi intentou que o mal foxe menor empatando o partido...e chegou él: Isma. Din que os cracks aparecen cando verdadeiramente fan falta e Isma quixo deixar claro que terá moito que dicir no que poda pasar no campionato. Sempre sentín predilección por este chaval, cunha clase e intelixencia fora do común. 

O terceiro en discordia, o Soneira, gañou nunha boa segunda parte na Grixa. Aguantou o equipo da Ponte do Porto ata o descanso, pero entre Pichi e Fer deixaron claro que o equipo vimiancés non está de comparsa. Veremos como se comporta agora ante o Zas e o Bergantiños, pois foron os dous únicos conxuntos cos que saíron derrotados. Si cambian esa dinámica, pode que o título volva a Vimianzo tres anos despois. Por parte porteña, destacar a renuncia de Mariolo a seguir co cargo de entrenador, deixando no seu lugar ao mítico xogador Manuel. Estou seguro que o primeiro non tivo nada que ver no mal papel do equipo, pero veremos si Manuel pode cambiar un pouquiño o rumbo no pouco tempo que queda. 

Os outros tres partidos foron moi igualados, aclarándose todos pola mínima.  
En Corme deu a cara o Camariñas. Contaba o equipo local con Pandi e Alejo, autores dos goles, e isto desnivelou o partido cara o seu lado. Destacar o excelente momento de Yuyo por parte camariñana, que si a semana pasada conseguía tres tantos antes o Porteño, facía dous no Cairo o pasado sábado. 
Certa melloría do Baio na casa ante un Muxía que viña de golear ao Zas. Aínda si fáltalle un pouquiño máis o conxunto de Nacho. Como nota positiva, os dous goles de Valentín. 
E por último, segue a mala xeira de resultados do Malpica, que aínda que viña de ganar ao Baio, leva varias xornadas sen sacar cousas positivas. Gañou pois o Coristanco dun cada vez máis interesante Benítez. Xogárase o equipo verdillo a cuarta praza co Muxía de aquí ao fin de tempada. 

Isto foi o que sucedeu na decimosegunda xornada ligueira. Veremos o que nos depara a seguinte. Para iso debemos esperar unha semaniña máis pois recordemos que este fin de semana descansamos por temas navideños. Con isto, Feliz Navidad a todos e que teñades un Feliz 2010.

  • José De la Sierra.

Crónicas das Ligas Xuvenil

Análise das Ligas Xuvenís

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com