|
Programa de Nadal deportivo en Corcubión |
Correo-e
|
|
miércoles, 23 de diciembre do 2009 |
|
Durante estas vacacións de Nadal desenvolveranse no Concello de Corcubion as seguintes actividades deportivas organizadas pola Concelleria de Deportes. Onte, mércores día 23, os nenos/as de entre 4 e 10 anos do concello puideron disfrutar dunha xornada de patinaxe na Pista de Xeo en Santiago a disfrutar dunha xornada de patinaxe. E para o sábado 26, os cativos do concello poderán disfrutar dunha Ginkana organizada pola Carnicería Antelo, que leva por obxectivo atopar ao Porquiño Celta. Programa de Corcubión - Luns 28 de decembro enfrentaranse a E.F.Corcubión contra E.M. Fisterra no Pavillón Municipal a partir das 10:30 da maña e pola tarde celebrarase o Campeonato de Baloncesto 1 contra 1 a partir das 17:00 coas categorías sub16 e Absoluta.
- Martes 29 de decembro: Campionato de Tiros Libres de Categoría Absoluta e sub 16 ás 17:00 horas.
- Mércores 30 de decembro: xogarase o campeonato de Tenis de Mesa nas categorías de sub 16 e Absoluta.
- Luns 4 de xaneiro: o torneo de Frontenis.
Os Torneos terán lugar no pavillón municipal polideportivo.Á finalización de cada campeonato farase entrega dos trofeos os primeiros clasificados e medallas os segundos e terceiros de cada categoría e sortearase un vale de 50 euros en material deportivo. Máis información Para maior información dirixirse as oficinas do Concello ou contactar no teléfono: 981 745 400. Novas relacionada Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|