Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Praza que nos separa  Correo-e
viernes, 25 de diciembre do 2009

Conste que estiven dándolle volta a cousa, porque ten miga. Dicíame a min mesmo que non vale a pena poñerse así pero, canto máis o lía, máis me enfadaba. Non é tan importante pensei, só se trata dun calendario. Pero, é que me fastidia horrores ter, unha vez máis, razón nisto de atinar co futuro das cousas cando determinados cargos ou persoas andan polo medio. E unha vez máis atinei, nesta ocasión, en adiantar que o goberno municipal en Cee remataría por insultar ós seus propios veciños.

O calendario oficial para 2010 do Concello de Cee só conten fotos dun espazo no termo municipal, a Praza sen nome, o maior dispendio nunha mesma obra, si obviamos a obra do propio recheo, no termo municipal en décadas. Máis de 3 millóns de euros que custou empedrar un espazo, "humanizalo" en verbas das propias autoridades, con farolas por doquier, bancos e o novo asfalto da municipalidade do século XXI, o adoquín de granito, máis fermoso que aquel pero tamén moitísimo máis caro.

A Praza sen nome protagoniza o calendario. A Praza e os edificios aledaños, e os negocios sitos nos edificios aledaños e, sobre todo, o espírito dado pola mesma alcaldía a unha obra que ninguén solicitou, salvo os propietarios de baixos comerciais e pisos, algúns, da propia praza. Porque, no texto que acompaña o almanaque o rexedor afirma, en tempo pasado que “A alameda de Cee erixiuse ao longo da historia como o centro neurálxico da vila. Alí, celebrábanse as verbenas da Xunqueira e o mercado dominical, atopábase a casa do concello, xogaban os cativos e paseaban e facían tertulias os adultos”. Pois non, non é así.

Na Alameda de Cee seguen a celebrarse as verbenas da Xunqueira, as interesantes, as que propón a Banda Municipal nun entorno tranquilo e nada bollangueiro, alí xogan e xogarán os cativos sen sufrir o risco de seren atropelados por ningún desaprensivo, acompañados polos seus pais e os máis vellos, facendo tertulia e paseando, coma sempre, nun lugar digno e con historia propia, non inventada, nun entorno moi especial.

Esa é a realidade. Pódese ocultar, facer nula mención dela no panfleto-calendario municipal (o único mencionado da corporación nel é o alcalde, ningún outro concelleiro ou membro do goberno ¿bipartito?) ou condenala coma está o ostracismo dos grandes eventos, dos mais adecuados para o entorno,ollo, das inversións multimillonarias ou do esforzo por dalo a coñecer coma si se fai con, por exemplo, a Praza sen nome ou o Centro Comercial. Pero, mal que lle pese, a Alameda de Cee segue a ser o centro neurálxico da vila, onde a Farmacia, a Escola de Musica, a Pastelería, a Ferretería ou o estanco, tiveron e teñen a súa sede, repito, moitísimo antes de que catro iluminados decidiran dilapidar unha chea de cartos públicos únicamente en 600 metros cadrados de praza comunal.

A Praza sen nome nos separa. Separa a ricos de pobres, os que se poden permitir vivir e gastar nela dos que non, as parroquias e aldeas do municipio que deixaron de recibir o que necesitaban da capital, os comerciantes con sorte e cartos dispostos a pagar alugueres abusivos dos que non pode permitirse tal cousa e os veciños de primeira que aplauden o alcalde e a súa camarilla dos veciños de segunda que non poden ou non queren pasar polo aro dun calendario que discrimina o 99 por cento da vila en prol do un por cento restante.

O máis simpático, por poñerlle algo de humor a cousa, é o modo en que, coa súa torpeza neste asunto, o goberno municipal está a unir a aqueles que por desunión non quixeron facer fronte a unha situación digna da comedia napolitana dos anos sesenta. Ou do esperpento do mais autentico Valle-Inclan. Pura broma, sen ningunha graza claro. Porque iso si se lle pode recoñecer o alcalde e o calendario... a súa capacidade como motivadores do mais profundo rexeitamento no 99 por cento da vila que non sae no famoso almanaque de 2010.

  • José Luis Louzán.

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com