|
Atopan sen vida o corpo da anciana desaparecida en Laxe |
Correo-e
|
|
jueves, 24 de diciembre do 2009 |
|

Moi malas novas as que temos que contar nunha xornada como a de hoxe. A Garda Civil atopou ó filo do mediodía de hoxe xoves, 24 de decembro de 2009, o corpo sen vida da anciana desaparecida na parroquia laxense de Matío dende o pasado día 12. O cadáver da muller estaba a 50 metros da súa vivenda, a carón dunha ponte e preto dun río. Segundo fontes de Protección Civil de Laxe, o corpo non se atopaba en moi mal estado, tendo en conta que a muller podería levar ata 10 días morta. Polo de agora descoñécense as causas da morte pero procedeuse a detención dun dos netos da falecida, que podería ter algunha relación co acontecido. Novas relacionadas Fonte - Redacción de Fran Lago para QPC.
- Ángela Devesa (coordinadora Proteccion Civil Laxe).
|